1.2.07

O novo Auster en galego

Hoxe foi un día importante para a edición en galego. O novo libro de Paul Auster apareceu simultaneamente nas catro linguas oficiais. Galaxia volve acertar, despois da exitosa edición de Brooklyn Follies, e ofrece aos lectores galegos Viaxes no Scriptorium, o que supón a consolidación da tradución simultánea no mercado noso dun dos grandes do noso tempo. Non hai dúbida que nos dous últimos anos –especialmente grazas a aparición de Rinoceronte e á decidida estratexia de Galaxia (prepara 27 traducións este ano)– vivimos un momento de euforia da tradución, un auténtico termómetro para coñecer a saúde do noso mercado. Ademais, á saída da reunión da Comisión do Libro e a Lectura (a redacción do proxecto de Plan de Lectura, previsto na Lei do Libro, quedou listo), confirmáronme o importante aumento das axudas da Consellaría de Cultura para a tradución (por primeira vez chegarán aos 200.000 euros), o que deberá permitir a consolidación desta oferta. No entanto, a clave está na reflexión que fai Gardalivros: "Cómpre agora que os leitores poñamos da nosa parte a disciplina e a práctica da leitura que se precisa para criar hábito. Non vaia ser que nos atopemos, parafraseando a Schiffrin, con traducións sen leitores." Eu teño confianza que esta euforia se poida consolidar. Polo momento, beizóns para Galaxia pola continuidade da súa aposta pola tradución contemporánea.
Etiquetas: ,

Marcadores: , ,

2 Comments:

Anonymous Anônimo said...

¿Sabes de quén é a tradución desta obra? ¿Volve ser a inefable Eva Almazán?

2:49 PM  
Blogger Brétemas said...

Creo que si.

3:08 PM  

Postar um comentário

<< Home