Ostedijk (II)

Afortunadamente parece (aínda que a información é escasa e parcial) que este "incidente" do Ostedijk non pasará á categoría das nosas catástrofes medioambientais; porén, déixanos a decepción no xeito de afrontar a crise por parte do Goberno Central (non esquezamos que é quen ten as competencias en salvamento marítimo): moi amedoñado pola posibilidade de tomar unha decisión equivocada e amosando escasa autoridade diante dos poderes locais (o alcalde socialista de Viveiro gañoulles o pulso de forma insólita).
O papel da Xunta nun "incidente no que non ten competencias" está sendo discreto –tan discreto que moitas veces creriamos que o Goberno Galego só ten competencias en protección civil–, escasamente proactivo, evitando tomar calquera iniciativa comprometida (outra volta o medo a fallar), falando do asunto o menos posible e limitándose a axudar a capear o temporal entre os alcaldes da comarca. Meu deus...!
Si, co Ostedijk, a sombra das consecuencias políticas do Prestige ésta sendo moi alongada.
Marcadores: Medio_Ambiente, Sociedade
1 Comments:
Perdoa o Spam pero como esta visto co MAR o temos perdido a ver se polo menos salvamos o monte: O Courel.
Atrévome a pediros que votedes esta nova a ver se a repercusión mediática a fai mási visible no compromiso dos nosos políticos co MedioAmbente...
http://meneame.net/story/canteras-lousa-courel-amenazan-parque-natural-imprescindible-para-desarrollo-sostenible
Postar um comentário
<< Home