Iceberg?

Este caso de Mañufe, tamén, serve para botar contas e coñecer a cánto está o "metro cadrado de recalificación". Se nos baseamos na cantidade de 180.000 euros da investigación xudicial, doadamente podemos estimar que ao promotor o pagamento do suborno só lle supoñería un incremento de 4.736 euros por nova vivenda (xa que de 22 autorizadas pasarían a 60). Se continuamos operando coa calculadora e estimamos que cada novo adosado terá unha superficie de 300 metros construídos, o incremento de prezo de metro cadrado recalificado sairíalle ao construtor en só 15,78 euros (unha ridiculez se a comparamos cos 2.000 euros por metro ao que se vende na vila miñorana). Outrosí, sucedería, se comparásemos estas cantidades do abortado suborno coas plusvalías que xerarían aos promotores; en todos os casos, o negocio sería máis que redondo para quen pagase aos políticos corruptos. Unha moi triste conclusión.
Actualización (20:36): Para poñer máis en claro o fenómeno da corrupción urbanística recomendo esta entrevista con Alejandro Nieto.
Actualización (18-2-2007): a entrevista co promotor que publica hoxe La Voz de Galicia non ten desperdicio.
Etiquetas: Gondomar
Marcadores: Política
2 Comments:
Á vista de algo tan claramente sospeitoso como o affaire Finca do Conde, tal vez sexa o momento de falar de Vigo. ¿Ou é que parece normal e asumible todo o que rodea á elaboración e aprobación dun PXOM que recalifica boa parte da superficie antes non urbanizable ou rústica do termo municipal? ¿ou é que é normal que os que defenden con intransixencia, unllas e dentes este documento só aporten insultos, descalificacións e teoría da conspiración ao debate? ¿É normal a coicidencia "histérica" de intereses entre personaxes como Chema Figueroa, Toba, Miguel Font ou Fernández Alvariño?
Nós aportamos hoxe en Vigoblog (Finca do Conde: o dia D) a acta íntegra do momento clave para a aprobación de licencias nun ilegal PEPRI Finca do Conde. Recomendamos vivamente a súa lectura: sumamente clarificadora: menos burdo que o de Gondomar, pero con parecido cheiro.
http://vigoblog.blogspot.com/2007/02/finca-do-conde-o-da-d.html
Grazas polo enlace á entrevista con Alejandro Nieto, un vello demócrata radical. As súas obras "La organización del desgobierno" e "La nueva organización del desgobierno", editadas por Ariel, penso que son de obrigada lectura para calquera que queira de verdade entender os comos e os porqués da actual administración pública española.
Gondomar , un claro del todo vale ??? como dijo Touriño...!!!! No estaría de más ser un poco cauto e informarse antes de largar y no nos ciegue el ansia devoradora de escándalo !!!
Quien hable de Gondomar como paradigma del escándaloso crecimiento Urbanístico o es un manipulador o no conoce ni Cangas, ni O Grove, Ni Sansenxo, Ribadumia, Vilagarcía...etc. y se ha olvidado de los técnicos municipales del Vigo de los 80 ? Avia, Moreno, etc..y las comidas con "sobres" a los postres que cualquier promotor de Vigo puede dar fe...mientras unos se cegaban a copas con la movida otros a robar y la fiscalia a mirar para otro lado... pero ahora , claro , conviene y paga Gondomar por culpa de 2 mangantes...
No estaría de más ser rigurosos y serios... políticos y prensa
Postar um comentário
<< Home