
Cada vez estou máis interesado polos blogs escolares.
Este do IES de Cambre seméllame un dos máis conseguidos e traballados dos que coñezo. Elaborado polo grupo de Técnicas de expresión escrita de 4º de
ESO (unha materia optativa, que desaparece no novo currículo da LOE), o blog ten un carácter multimodal de moito agradecer; publica un audioblogue,
vídeos,
música e unhas anotacións textuais ben xeitosas e ben escritas. A utilización dos blogs como ferramenta didáctica, aspecto que aborda con frecuencia
Tíscar e especificamente
Sonia Bertocchi, está aínda comezando entre nós. Ben sabemos que hai experiencias moi interesantes como
Aula Galicia ou
A nosa biblioteca, mais aínda carecemos dun espazo común (polo menos no que eu acado), unha rede de blogs escolares que permita o intercambio e a comunicación entre todos eles (sei que hai moitos máis dos que aparecen nas relacións do blogomillo). Un vieiro a desenvolver.
5 Comments:
Brétemas, obrigada pela citação do Lousa Digital e pelas fontes oferecidas nesta mensagem. Vou visitar todos os blogs citados.
Abraço grande da blogueira brasileira.
Sônia Bertocchi
desde São Paulo
O blog de A nosa biblioteca é para min o mellor exemplo de biblioteca 2.0, é admirable o traballo que estan a facer os seus responsables.
Ademais, uns dos seus maximos impulsores, Antonio, está a traballar na creación dunha rede de blogs de bibliotecas escolares
Grazas, catuxa. Procurei ese enlace e non o daba atopado. Así tecemos a rede.
Hehehe, vexo que vostede tamén recibiu a chamada de sHs...
En nome do alumnado de Técnicas de expresión escrita do IES David Buján de Cambre, agradézolle as súas amábeis palabras que nos motivan e que nos animan a seguir. Convido aos seus lectores a que visiten e comenten os cadernos dos alumnos que son, sen dúbida, o mellor do noso traballo.
Saúdos.
Postar um comentário
<< Home