Índice de lectura: seguimos penúltimos
Segundo o máis recente Barómetro de hábitos de lectura e compra de libros en 2006, Galicia continúa nas últimas posicións entre as Comunidades Autónomaas, a pesar de que no último ano (coincide co primeiro do goberno bipartito) aumentou en catro puntos o seu índice lector que pasa a constituír o 53% da súa poboación. No entanto, no período 2004-2006, a porcentaxe de persoas lectoras en Galicia sitúase no 51%, na antepenúltima posición das CC.AA. (só superamos a Estremadura) e aínda moi lonxe do 56% da media española e do 65% da Comunidade de Madrid ou do 59% de Navarra e da Rioxa, as tres comunidades máis lectoras. Saír do faroliño vermello da indixencia lectora é un acicate para continuar o proceso de recuperación que precisamos neste eido. Hoxe celebramos que demos un paso adiante (catro puntos), unha boa noticia.
Marcadores: Lectura
2 Comments:
Permítame felicitalo polas súas precisas verbas de hoxe pola mañá na súa primeira intervención en "Galicia primeira hora" da Radio Galega na que lle pedía á sociedade que apoiara "esa actividade solitaria que proporciona pracer".
O peor de todo é que deses pocos libros que se mercan ¿cantos se leen e cantos quedan abandoados en estanterías?
Postar um comentário
<< Home