Os libros arden mal, Premio da Crítica
A semana pasada recibiu o Premio Irmandade do Libro ao mellor libro de 2006; hoxe sabemos que obtivo, tamén, o Premio da Crítica (no apartado de narrativa, mentres que en poesía foi para A esmeralda branca de Manuel Vilanova).
O xurado dos Premios da Crítica española saudou a novela de Rivas como unha das "grandes obras da Literatura galega" do último século. Ao apoio do público –hai varias semanas apareceu a segunda edición– únese, agora, o prestixiosísmo da asociación de críticos. Outra alegría que nos proporciona esta novela milagreira.

Etiquetas: Manuel_Rivas
2 Comments:
do último século? e logo que século é ese?
en que século está o xurado dos premios da crítica?
O curioso do asunto é que a Voz nun dos seus habituais exercicios de chovinismo procuraba polas conexións galegas dos gañadores en castelán; que si unha vivía en Ferrolm que si o outro tiña avós galegos.En vez de destacar no titular aos premiados galegos. Ver para crer.
Postar um comentário
<< Home