O BNG de Vigo esixe a expulsión de Valadés
Onte á noite douscentos militantes, que conformaban a asemblea do BNG de Vigo, aprobaron por ampla maioría esixir definitivamente ao Consello Comarcal a expulsión de Pedro González-Valadés polo feito de ser membro da Asociación Galega de Amizade con Israel. Aínda que o caso non está pechado, xa que o Consello Comarcal deberá decidir en consecuencia e mesmo habería a posibilidade de que a decisión fose retificada pola Dirección Nacional, esta votación amosa a posición de intransixencia na que se volve colocar a agrupación do BNG vigués. Para entender o caso ven coma anel o artigo de hoxe de Alfredo Conde. Síntome profundamente decepcionado pola incomprensible derrota cara o abismo que colle o BNG en Vigo, fose en temas estritamente políticos coma o de Valadés, sexa nas súas posicións sobre o urbanismo onde leva todo o mandato desta corporación coincidindo coas posicións de Chema Figueroa. Unha tristeza.
Etiquetas: Valadés
7 Comments:
Abondaría dicir que tamén eu non concordo co expurgo(e nisto o BNG erra), mais tamén non coa drenaxe semántica a que submete Alfredo Conde o acontecido ao tirar parcialmente dos tópicos ilustres do querer vivir hebraico. Esqueceu que no tempo de espera do cumprimento de redención, o extranxeiro deve preservar o seu ser (Canetti, Rosenzweig,Walser, Kafka), mesmo se ese tempo de redención deviu unha fe imposíbel: serve canto menos para canear o ton de acusación, de resentimento,de orgullosa mortificación.Nefeito,o vagamundo, o extranxeiro,é o irónico facedor da busca que certifica o silenzo:a impronunciabilidade do Eu.En Canetti, razón mesma da resistencia. Abondaba considerarse galego.
Con franqueza: non sei compatibilizar a noticia que se achega coma testemuño con estoutra: http://www.lavozdegalicia.es/se_galicia/noticia.jsp?CAT=102&TEXTO=5677894.
Non dubido que tal votación existise nin que, lamentablemente, a maioría aludida esixise a expulsión. En sentido legal (legalidade interna) interprétoo coma reprobación do militante, e ese sentimento -o de reprobar- posiblemente é maioritario entre a militancia. Expulsado non o vexo: nin parece estatutario nin se amosa intelixente; dubido incluso (posiblemente desde ignorancia parcial) que o asunto volva aos órganos de dirección.
Non é a mellor maneira de concluír este proceso. Ora que tamén, Brétemas, déixeme que llo diga: pouco ten que ver, máis ca nunha intención que vagamente alcanzo, o PXOM co caso Valadés; dígollo co mesmo respecto outras veces amosado.
Lugués: a derrota ou a deriva é a dirección que colle o barco. Ben sei que a posición do BNG de Vigo sobre o caso Valadés e sobre a teimosía dos seus dirixentes en colocarse co PP en cuestións urbanísticas (feito que non é de agora) son asuntos diferentes. Mais a deriva cara ao abismo (tal como eu a perciba, podo estar equivocado, estarei equivocado) para min é semellante.
O BNG non coincide co PP de Vigo no PXOM. Foi un acordo unánime de todos os partidos do que despois se desmarcou cando chegou Mariño o breve deixando ao psoe nunha postura demagóxica e insensata cara os intereses desa cidade. O PXOM de Vigo é aprobado por todas as entidades representativas da cidade (sindicatos, partidos, empresarios, asociacións de veciños... excepto o psoe que non se atreve a dar marcha atrás unha vez que Mariño o deixou aos pés dos cabalos.
Concordo co Brétemas. Quén votará agora o BNG? malia o seu magnífico canditato que parece vítima dun meigallo. Quen quere un partido feble que baila pasodobres co pepé? Quen defende a nosa ría? a silueta da nosa cidade? Quen defende o noso soño de non perde-la identidade do barrio do cura, do barrio vello e dos catro miradoiros que nos quedan cara a ría?
Quen entende o silencio contido do bon de Henrique Viéitez? Qué diferencia hai entre o concepto urbanístico e de país do PP e do BNG. Eu pensaba que moita agora vexo que ningunha.
E asía BNG e PP continúan a bailar xuntos e pegados sobre o ladrillo, sí como nun chotís. Cando caerá do guindo o BNG de Vigo? Ten prevista a perda de votos de maio do 07? Por que votalos?
o último anónimo é un actor non?
eu tampouco podo compatibilizar o titular de "Brétemas" coa "versión" de La Voz http://www.lavozdegalicia.es/se_galicia/noticia.jsp?CAT=102&TEXTO=5677894
O apoio maioritario que ten o PXOM en Vigo é real, e até ten ou tivo de portas a dentro a concelleiros do PSOE. Eu comparto a postura de Quintana ao respecto, sen vela contraditoria ou de desmarque coma di este titular http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2877&pIdSeccion=2&pIdNoticia=112563&rand=1169544153553
Por certo, Orozco anda máis atinado en Lugo?
As coincidencias do PP e do BNG nas votacións dos temas urbanísticos (non só sobre o PXOM) non son unha cuestión de opinión. É un feito comprobable repasando as hemerotecas. Abonda facelo está semana sobre a cuestión do Pepri Casco Vello. Cadaquén pode interpretalas como ben entenda.
O apoio social do PXOM de Vigo, despois dos paos consecutivos que recibiu o documento por parte da Consellaría de Ordenación do Territorio (con dúas administracións diferentes) non é un argumento suficiente que avale a bondade do plan. Mágoa que quen vai a tirar bo proveito electoral desta lideira é o PP de Chema Figueroa. Iso é o que realmente lamento. Se falo do BNG de Vigo é porque me doe ( e sei que isto aquí é pouco comprendido). Sigo crendo que os nacionalistas en Vigo deberían cumprir o papel que tan honrosamente esta desempeñando no Goberno Galego e noutras tantas localidades, onde son goberno ou oposición.
Postar um comentário
<< Home