
Grazas a
Débora Campos descubro
esta auténtica marabilla para o fomento da lectura que é o programa de
Telefe Ver para leer. Con só tres espazos emitidos (aconsello revisar a fondo a web), combinando momento de ficción con outros de divulgación de contidos literarios, é un modelo do moito que aínda pode facer a televisión pola lectura.

Un formato "descartonado" e divertido, un
condutor xenial e crible, serve para axudar a desmitificar a lectura e propoñer os libros como obxecto de gozo e coñecemento. Os episodios ficcionais son
paverísimos, as
recomendacións das lectoras emocionadas e verosímiles... Que máis
dicir desta marabilla (tamén visual, cun xogo de imaxe e grafismo moi suxestivo)? Un modelo a emular polas nosas televisións públicas. Grazas, grazas, Débora, pola recomendación. Seguiremos o programa dende a rede. Algo para non perder.
Marcadores: Lectura, Televisión
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home