Libro de texto

Tampouco lle falta razón a Barandiarán cando profundiza na reflexión sobre o futuro dos materiais curriculares non universitarios, que, queirámolo ou non, está vencellado ao desenvolvemento das competencias dixital e en comunicación lingüística (a famosa ALFIN ou alfabetización informacional ou literacidade electrónica, como queiramos chamala) dentro de todo o sistema educativo. Para iso falta mellor conectividade nos centros, máis e mellores materiais electrónicos e moita formación (de editores e do propio profesorado). Calquera alternativa de futuro sobre o libro de texto (máis alá das "crises dos modelos de gratuidade") debería pasar por abordar esta cuestión decisiva (unha auténtica reconversión do noso sector). Xa é tempo de que os editores comecemos a poñerlle nome aos verdadeiros retos cos que nos enfrontamos.
Etiquetas: Libro_de_texto
Marcadores: Libro de texto
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home