9.9.07

Estatísticas

Cumpriuse onte un ano desque coloquei un contador no blog. Foron 163.641 as páxinas vistas destas Brétemas. Aínda que o incremento da audiencia non é obxectivo do noso espazo, sempre anima saber que hai persoas que utilizan o noso traballo na rede. Grazas a todas elas polo seu interese.
Etiquetas:

Marcadores: ,

8 Comments:

Blogger Marcos Valcárcel López said...

A miña noraboa sincera. Supoño que quixeches dicir "Aínda que a audiencia MASIVA ...", porque nada ten de malo, digo eu, agardar que os lectores se interesen nos nosos blogs. Ó cabo nacen dun desexo de comunicación, non?

4:30 PM  
Anonymous Anônimo said...

Manolo, os meus parabéns polo éxito do teu blogue, pero quero lembrar á xente que boa parte das lecturas deste espazo non son dende a web, senón dende os lectores de RSS, que non computan nestas visitas. Ou sexa, que Brétemas está a ser seguido por moita máis xente da que podemos imaxinar, de aí que hoxe lidere o blogomillo.

5:39 PM  
Blogger Brétemas said...

Efectivamente, Marcus, ben sei que hai moitos lectores que accedemos á lectura dos blogs por medios dos fluxos de RSS e que non computan nas visitas dos contadores (dos que nin seuqra sei a súa fiabilidade). Creo, porén, que os contadores informan sobre a tendencia de lectura do blog. É curioso coñecer que hai días e horas con máis visitas e, mesmo, a súa procedencia. Aproveito para felicitarche polo teu blog (que leo por RSS) e do teu traballo en "Código cero", unha das miñas visitas diarias preferidas, onde tanto aprendo. Adiante Melide! Saúdos.

5:48 PM  
Anonymous Anônimo said...

Noraboa polo éxito do blog: as súas anotacións ben o merecen.

8:50 PM  
Anonymous Anônimo said...

ou dito doutro xeito, "algo bo andará a facer"... Beizóns!!, hoxe máis que nunca

3:40 PM  
Blogger JH! said...

Parabéns!

9:57 PM  
Anonymous Anônimo said...

Espazos coma este posibilitan que, por exemplo, as tertulias do compostelán "Café Español" na posguerra se poidan facer decote e sen necesidade de apañar o coche de liña, coma seica facía Fole. Parabéns e persoalmente obrigado.

10:57 PM  
Blogger Ana Bande said...

Tampouco eu quería pasar sen felicitalo porque entre outras cousas é vostede (xunto con Catuxa) un dos culpables da miña incursión na blogoleira, como gusta dicir o amigo R.Ruibal). Está facendo unha grande labor de difusión, agardo que sexa por moitísimo tempo máis.

3:53 PM  

Postar um comentário

<< Home