A dimisión de Losada
Tanto ten se Antón Losada dimitiu por asuntos persoais ou foi cesado a petición do interesado (termos que, sen dúbida, expresan que foi o propio Antón quen elixiu abandonar neste momento a súa responsabilidade). A actuación de Losada foi nalgúns momentos torpe, e mesmo un chisco teatral e esaxerada nas súas formas, mais tamén é innegable que contribuíu coa súa determinación e coñecemento a impulsar moi decididamente a acción do Goberno galego no traspaso de competencias pendentes (como até agora ningún político galego fixera), a impulsar a creación do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ou a intentar que a acción de goberno dos nacionalistas fose respectada (o que non é doado) polos seus coaligados sempre dispostos a competir con eles. Quizais o maior problema de Losada foi que dentro do equipo de Vicepresidencia asignóuselle –coma a Guerra, a Cascos ou á actual ministra Magdalena Álvarez– o difícil e incómodo papel de ser o "malo da película" que leva no lombo a maior parte dos paos dirixidos ao seu xefe e, por riba, debe participar en todas as liortas e polémicas mediáticas e partidarias. Haberá que agardar a comprobar como se desenvolve Quintana no futuro sen tan valioso pararraios. Quizais, entón, con maior perspectiva, se poida xulgar máis acaidamente o traballo político de Losada, para min decisivo para o éxito acadado (con moitas máis luces ca sombras) tanto por Quintana como polo bipartito no seu conxunto nesta primeira parte da lexislatura.
Etiquetas: Antón_Losada
Marcadores: Política
5 Comments:
Eiquí a demostración previa á crise da TVG do facil que é ningunear ó nacionalismo
http://video.google.com/videoplay?docid=&pr=goog-sl
Ola señor Brétemas:
Respecto moito o seu traballo e as súas opinións. A min tamén me gustaría dar a miña polo miúdo pero só lle vou contar o que pasou onte en San Caetano.
Traballo na Xunta e onte foi o día máis feliz que vin neste traballo. Os funcionarios de Vicepresidencia celebraban o cesamento sen rubor. Os xornalistas presentes na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta amosaban as súas caras de satisfacción. Os gabinetes -tanto do BNG coma do PSOE- non paraban de chamar por teléfono para felicitarse mutuamente.
Algo ten que pasar cando unha persoa concita tantas unanimidades.
clarificador comentario o do Anómino anterior:
Cando os funcionarios de tódalas cores estan eufóricos coa marcha do fulano en cuestión, os que temos que traballar para ganar o pan, sabemos positiva en sin lugar a dúbidas que o tal paisano tuvo que ser non so bó diría eu, senon extraordinario no seu ben facer
Eu tamén traballo na Xunta e o que di o segundo anónimo é certo. Foi unha festa para os do Bloque e para os do PSOE, para os políticos e para os funcionarios. Xa non digamos para os periodistas. Aínda que parece que era amigo do señor Bragado, a verdade é que este señor lle facía moito daño ao BNG e a Anxo Quintana cos seus comportamentos chulescos, irracionais e franquistas. Se leron El Pais de hoxe, entenderán por que digo isto. Pódense contar moitas máis cousas, pero creo que con isa chega e sobra.
Nunca fun amigo persoal de Antón Losada, razón pola que a miña reflexión non está tinxida nin de filias nin de fobias. Critiqueino dende o blog, cando considerei que as súas actuacións merecían a crítica. Non é precisamente agora, cando decide demitir, o momento máis oportuno de facer leña da árbore caído. En todo caso, non debemos esquecer que a responsabilidade dos seus erros, como dos seus acertos (que os tivo) é tanto súa como daqueles que confiaban no seu traballo. Sobre o comportamento de Losada nos corredores e despachos da Xunta non podo opinar máis alá do que apareceu nos medios de comunicación.
Postar um comentário
<< Home