Cuestión de visibilidade
Luzes volve hoxe co debate sobre a visibilidade da nosa literatura no exterior. Sen chegar á asumir na súa totalidade a contundente afirmación de Méndez Ferrín ("o escritor galego é rigorosamente invisible no exterior"), para min é un feito dificilmente refutable de que a nosa literatura é practicamente invisible nos países europeos (incluído en Portugal, con algunha excepción) e de que en España se deita unha mirada moi prexuizosa (xeralmente paternalista) sobre ela. En varias ocasións teño participado, fóra de Galicia, en diversos encontros literarios ou de editores e ter percibido ser considerado coma unha simpático e voluntarioso extraterrestre que vive a expensas das "copiosas subvencións" da Xunta. Non é doado desmontar estes prexuízos (que mesmo existen en Galicia), razón pola que entendo debemos traballar arreo (e moi conxuntados) no difícil proceso de presentar unha creación literariamente ambiciosa e un sector editorial con clara vontade de profesionalización (que se defende o mellor que pode nas estreitas marxes dun mercado interior moi reducido). Hai experiencias, xa suficientes, para afirmar que hai autores e autoras galegos que comezan a ser recoñecidos polo seu talento; como tamén de editoras que co seu tesón, creatividade e ben facer profesional abren portelos a un incipiente mercado exterior. Hoxe, precisamos de mecanismos e plataformas colectivas que faciliten a proxección da nosa luz, iso que eu veño denominado "estratexia de país". Nunca estivemos en mellores condicións para conseguilo. Non deberiamos estragar esta magnífica oportunidade.
Etiquetas: Tradución
Marcadores: Traducións
2 Comments:
Na súa primeira e recente visita a Bos Aires, Suso de Toro ofreceu unha conferencia na Universidade de Belgrano apenas baixado do avión. A primeira pregunta que lle fixo o público foi: "Gustoume moito o que dixo. Qué libros escribiu vostede?".
Estamos a falar de Suso de Toro. Estamos a falar de Bos Aires. E estamos a falar dunhas 50 persoas que participan dunha cátedra de estudos galegos. Ainda hai moito por facer...
O máis triste da anécdota que conta Torre de Babel é que o mesmo podería pasar en calquera cidade galega...
Postar um comentário
<< Home