A destitución de Stoichkov

O máis que probable substituto, López Caro, ten o seu maior mérito para ocupar o banco celeste en ser persoa de absoluta confianza de Ramón Martínez, o director deportivo celeste, que se converte, despois de resolta esta crise, no home forte do club, ao tempo que consolida a súa estratexia de transformar ao Celta en equipo vasoira do Real Madrid. Sen dúbida, que o ex-adestrador do Madrid, Rácing de Santander e Levante, ten máis experiencia táctica que o búlgaro, o que pode ser un elemento esperanzador. Previsiblemente, veremos nas próximas xornadas a un Celta máis ordenado e eficiente ca até hoxe. Parece que disciplina relixiosa, austeridade e orde táctica serán os elementos da nova receita para conseguir o ascenso. Agardamos que desta volta, acerte o Consello de Administración céltico. Semella que esta é a súa derradeira oportunidade.
Etiquetas: Celta_Vigo
Marcadores: Celta de Vigo, Fútbol
4 Comments:
Estamos en tempos de decadencia. Stoichkov foi un fracaso e non creo que o rezador López Caro arranxe nada. O problema, cada vez téñoo máis claro, chámase Carlos Mouriño. Ese o auténtico culpable dos males do Celta.
cANDO SAE Á VENDA O PREMIO XERAIS?
Os libros chegan hoxe ao almacén. Pretendemos colocalos nas librarías na terceira seman deste mes de outubro.
Estaba claro que Stoichkov non contaba para nada. O adestrador era Antonio López, que por certo sabe bastante máis que López Caro. A ver como queda o organigrama técnico porque parece que tamén vai vir Maqueda, outro madridista.
Regateamos uns euros a Gustavo e agora temos a 3 adestradores. Moito patrón...
O do Ramón Martínez non ten nome, parece que os que sobran no Madrid andan procurando trampolíns noutros clubes, ai están o Cádiz, pobre Cádiz! e o Málaga e algún outro por aí...
Postar um comentário
<< Home