
Onte participamos na
presentación da estrea de
Boas noites o espectáculo teatral que
Berrobamban estreará mañá en Compostela no Salón Teatro e que estará en Vigo no teatro de Caixanova o sábado e o domingo desta fin de semana. Esta representación do texto de
Paula Carballeira, premiado na Iª edición do Manuel María e
publicado na nosa Biblioteca Dramática Galega con ilustracións de
Noemí López, seméllame un dos modelos máis interesantes que se teñen ensaiado en Galicia de colaboración entre a iniciativa pública e privada. Coincidindo coa estrea poñeremos a venda un
DVD (tanto co libro como por separado) que inclúe os temas musicais do espectáculo e un xogo interactivo sobre os medos de tradición popular, elaborado sobre textos escritos expresamente para o proxecto por Antonio Reigosa. En definitiva, un texto premiado, representado (con música en directo, e un calendario de distribución bastante amplo) e publicado con dignidade (libro ilustrado e encadernado en capa dura, amparado cun produto electrónico e unha magnífica web, onde se poden descargar moitos elementos do proxecto). Moitos fíos unidos para tecer un produto cultural en galego destinado a un público familiar amplo. Volveremos sobre a estrea.
Marcadores: Eventos, Presentacións, Teatro, Xerais
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home