23.10.07

"Limpeza de sangue", Premio Nacional 2007

Beizóns, beizóns, beizóns, beizóns, Rubén! Acabamos de coñecer que Limpeza de sangue obtivo o Premio Nacional de Literatura Dramática 2007. Poucos premios tan merecidos coma este. Estamos entusiasmados.

(Actualización: 20:30 horas): A breve anotación anterior está realizada, ás 12:40, tras a chamada de Rubén para dar a boa nova. Axiña publicamos unha nota de prensa. As referencias e entrevistas con Ruibal, que atopamos até agora na rede, son as seguintes: Terra: "Ruben Ruibal: 'Non concibo o feito de escribir sen dar avisos sobre os problemas do mundo'". La Voz de Galicia Gznación e Xornal.com.
Esta é a segunda ocasión na que un texto dramático galego obtén o Premio nacional, xa que, con anterioridade Manuel Lourenzo o obtivera en 1997 por Veladas indecentes. Rubén Ruibal engádese á nómina de premios nacionais obtidos pola literatura galega nas dúas últimas décadas: Xabier P. Docampo, Fina Casalderrey, Manuel Rivas e Suso de Toro. Do interese e da calidade da obra gañadora, así como da súa magnífica recepción entre os lectores, temos falado dabondo no blog. Agardo que este premio axude a visibilizar o texto entre un maior número de lectores e a poder chegar a representar a obra (algo que, incomprensiblemente, aínda non está en marcha).

Coincindindo coa nova de Rubén, tamén recibimos a noticia dos premios do IGAEM deste ano 2007: Historia da chuvia que cae todos os días de Roberto Salgueiro (Premio Álvaro Cunqueiro) e Game over de Carlos Losada (Premio Manuel María de literatura dramática infantil). Publicaremos os dous textos dentro da Biblioteca Dramática Galega, iniciada co libro de Rubén.
Etiquetas:

Marcadores: , , , ,

3 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Ostras! Pensei que se estaba a referir á segunda entrega das aventuras do Capitán Alatriste.

5:31 PM  
Blogger folerpa said...

A ver se así os do IGAEM se poñen as pilas dunha vez e podemos por fin vela representada nun teatro.

6:06 PM  
Blogger Manuel Ángel Candelas Colodrón said...

Tamén eu digo, amigo Folerpa. Pero non estou eu seguro: hai que pagar os palés do tellado da CdC.

6:36 PM  

Postar um comentário

<< Home