

Foi moi brillante a
presentación celebrada hoxe do
monumental libro de
Justo Beramendi. O
Vicepresidente da Xunta, que presidiu o acto, soubo contextualizar moi acaidamente a aparición de tan importante obra na situación actual do nacionalismo. A presentación xirou, ademais, arredor da intervención do profesor
Xosé Ramón Barreiro Fernández que gabou a harmoniosa arquitectura conceptual dunha obra que definiu como "magna". Especialmente importantes foron dúas das súas afirmacións: "Xa temos escrita a biblia da historiografía nacionalista". "Nesa ducia de libros imprescindible que ten unha biliografía dun país, en Galicia sempre estarán dúas obras:
O atraso económico de Galicia de Xosé Manuel Beiras e
De provincia a nación de Justo Beramendi".
Entre o numeroso público estaban figuras do galeguismo e da política galega como Isaac Díaz Pardo, Xosé Manuel Beiras, Camilo Nogueira, Ramón Villares, Francisco Jorquera, Lorenzo Fernández Prieto, Xosé Antón Segade, Xerardo Estévez, Mercedes Rosón e moitas outras. Unha presentación importante para o que entendo será o noso libro do ano e unha das obras que marcarán como referentes o noso catálogo durante un longo período.
Actualización (27-10-2007):
a crónica da Voz de Galicia.
Marcadores: Autores, Ensaio, Historia, Presentacións, Xerais
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home