Café do libro
Antón Castro anuncia a inauguración de La Buena Vida-Cafe del libro, unha nova libraría e espazo cultural en Madrid, aberta de doce do mediodía a doce da noite. Non coñezo nin aos promotores nin as características do espazo nin a selección dos fondos (aínda que se sinala que xunto aos libros, haberá tamén unha selección de cedés e dvds), porén o modelo café do libro, semella unha idea alternativa para afrontar a crise das librarías de cultura tradicionais. Mágoa que en Galicia non se teña ensaiado ese modelo (Couceiro de Santiago aínda pode intentalo), xa que os cafés que hai dentro da Casa do Libro de Vigo (hoxe un incómodo lugar de merendas) ou na FNAC da Coruña non posúen nin a amplitude nin o acougo nin a mínima comodidade que requiren este tipo de instalacións.
O mellor modelo que coñezo deste tipo de cafés do libro son os Letras&Expressoes brasileiros, locais preciosos situados nos barrios de Leblon e Ipanema no Rio de Janeiro e abertas as vinte e catro horas. Á tipoloxía de libraría-tenda de discos (algo común no Brasil), únese o Cafe de Ubaldo (no segundo andar, en homenaxe ao narrador Joao Ubaldo Ribeiro, onde se pode ler, beber, petiscar...), o Café d'Antonio Torres, ou o Bar do Zira (no terceiro andar dunha das librarías, unha mestura de piano bar e espazo cultural, onde se realizan presentacións e concertos) ou unha tabacaría (especializada en charutos habanos). Un modelo o de Expressoes a ter moi en conta á hora de montar unha libraría de nova fasquía. O problema maior é a grande cantidade de espazo que requiren..., mais ese é outro cantar.

Etiquetas: Cafés_do_libro
Marcadores: Librarías
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home