
Tiña o convecemento que a
demisión de Cobas como director xeral do Celta era un síntoma claro dunha crise societaria. Tras a
convocatoria da Xunta de Accionistas para o
3 de decembro, xa non hai dúbida ningunha de que isto é unha realidade. A estratexia da
ampliación do capital social, actualmente de só 9 millóns de € (para facer fronte a unha débeda neta xa recoñecida de 42 millóns de €), é a medida coa que
Carlos Mouriño pretende facerse co control da maioría das accións, convertendo os 2,4 millóns de € que avalou durante os meses do seu mandato. Transformar, pois, estes avais en capital social é unha solución cómoda (xa empregada por
Horacio Gómez) para intentar facerse definitivamente co control total do club. Se o equipo consegue ascender, esta estratexia pode permitir salvar a entidade, xa que os contratatos televisivos asinados por Cobas o permitirían; se, polo contrario, os resultados deportivos son adversos, a posibilidade que o Celta acuda, ao remate da tempada, á
lei concursal pode ser inevitable. Ascenso ou disolución, velaí o dilema. Así de difíciles están as cousas para a viabilidade societaria céltica.
Marcadores: Celta de Vigo, Fútbol
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home