4.12.07

Ferradura en tránsito

Grazas ao technorati coñezo o blog do crítico literario Xosé Manuel Eyré. Lamento que non lle gustase o meu comentario sobre a polémica da Síndrome do Padornelo, que considera unha "lixeireza". Admito que quizais a redacción desta anotación non foi pola miña banda a máis afortunada (sobre todo pola elección da palabra "arroutada"), porén non chego a entender cál é o sentido da tríade "A crítica, o escritor e o editor". Acaso os editores de literatura galega, a pesar da nosa obrigada discreción profesional, debemos permanecer alleos a tan interesante debate? Recomendo o blog de Eyré que, a partir de agora, engado a miña lista.

Marcadores: ,