"Cardume", a memoria resistente da literatura
As dúas presentacións de Cardume constataron a importancia do debut de Rexina Vega como narradora, ao tempo que constituíron senllos actos cívicos de homenaxe á memoria resistente da literatura e da figura de Urbano R. Moledo.
En Compostela, Suso de Toro comezou a súa presentación sinalando que "é sorprendente que aparecese unha primeira novela tan ben resolta, impecable, tan ben feita como Cardume, ao tanto que aparece unha escritora". Logo estableceu un paralelo da novela de Rexina con Paradiso de Lezama Lima: "Hai moito de vocación, dun mundo non vivido, moi numénico, cheo de aura, de densidade, cheo de ecos, e isto está todo na novela. Un mundo que actúa como fermento, coma o pan que está a levedar. Comeza cunha invocación á memoria, coa voz da narradora, unha meniña, na visita ao cemiterio de Pereiró. O libro é, pois, unha viaxe ao pasado, ao país dos mortos". Continuou, Suso de Toro apuntando que "o carácter do libro é o daquela historia que merece ser contada; o seu material é o do que se nutre a tarxedia e o melodrama para un publico de lectores que se atreve con ese descendemento. Quen o faga vaise ver envolto nunha atmosfera pegañenta". Detívose, despois, en abordar un aspecto que, coma galegos pode ser interesante: "a épica da cidade, a do Vigo do primeiro terzo de século, onde hai todo tipo d eoportunidades, hai futuro, hai ledicia, hai esperanza..., demostrando que non somos fillos dunha historia colectiva de fracaso". Para rematar, Suso salientou que en Cardume hai un fío umbilical entre a narradora e a historia contada: "Esa presenza é sintomática dunha función esencial da literatura, dar sentido ás nosas vidas, dar sentido á existencia. En Cardume nárranse moitas mortes, mais non aparece contado ningún funeral, non houbo palabras de despedida e esperanza para persoas como Urbano R. Moledo. A literatura pode servir como forma de oración para esas vítimas".
O acto de Vigo consistiu nunha homenaxe á figura de Urbano R. Moledo con intervencións moi fermosas da autora (que leu fragmentos da novela, ao tempo que expresou as súas intencións como autora: "Na miña escrita quero a frase precisa e máis honesta"), de Manuel Forcadela e de Xavier Moreda (membro da Asociación Viguesa pola Memoria do 36). O profesor Xesús Alonso Montero desculpou a súa ausencia e enviou este texto que transcribimos:

Palabras, desde Valencia, sobre Rexina VegaMiñas donas e meus señores:
Falo desde Valencia, onde asisto, como conferenciante, a un Congreso Literario que conmemora, no seu 70 aniversario, o celebrado en 1937 polos Escritores Antifascistas do mundo enteiro, aquel Congreso que se propuña defender, da barbarie fascista, a República española, a nosa gloriosa República.
A Valencia de 1937 e a Valencia de hoxe non son alleas á temática, á tensión e á emoción literarias presentes nas páxinas de Cardume, algunhas, poeticamente excelsas.
Se tivese a sorte de falar aí, en Vigo –en prosa non preescrita– disertaría sobre a xestación da gran novela de Rexina Rodríguez Vega que hoxe nos convoca, un prodixioso e dramático relato protagonizado por alguén que se chamou Urbano Rodríguez Moledo, cidadán de ideas socialistas, escritor polifacético en galego e humilde funcionario municipal, fusilado no monte do Castro o 10 de decembro de 1936 ós 34 anos de idade. Resulta que o infortunado escritor –o Urbano da novela– foi curmán da avoa de Rexina Vega, como ela mesma conta no limiar d’ A volta da perdida, peza teatral inédita incautada a Rodríguez Moledo polos militares no tráxico verán de 1936 e atopada, hai pouco, pola man dilixente do historiador e filólogo Ángel Rodríguez Gallardo. Hoxe tamén presentamos a primeira edición desta obriña de teatro, rescatada dos arquivos da represión 71 anos despois, e que se publica, en Edicións do Castro, nunha colección que eu bauticei cun termo non eufemístico: “Biblioteca do 36”. Precede a esta exhumación un estudo esclarecedor e reinvindicativo de Rexina Vega, hoxe por hoxe a única monografía sobre o cidadán e o escritor Urbano Rodríguez Moledo.
Se eu tivese a sorte de falar aí –en prosa non preescrita– disertaría sobre a xestación de Cardume, a novela protagonizada por Urbano, un personaxe construído coas mellores normas da ficción narratolóxica pero inspirado na biografía do dramaturgo socialista fusilado en Vigo hai 71 anos. Rexina Vega, mentres se interesaba, como cidadá e historiadora, pola vida e a obra literaria de Urbano Rodríguez Moledo, resolta a devolverlle a dignidade arrebatada, inventa un relato novelesco que o infortunado escritor protagoniza, un relato, Cardume, que xa é unha páxina de ouro da narrativa galega das últimas décadas. Relato inscrito, de cheo, na narrativa centrada na Guerra Civil, Cardume é novela con rasgos e virtudes ausentes nas mellores deste xénero.
Rexina escribíu coa mesma man a breve monografía sobre o infortunado escritor e a novela que el protagoniza: coa man esquerda. Eu comecei a ler esta novela, aínda inédita, cun certo temor, pero, lidas as primeiras páxinas, atrapoume e convenceume o universo humano do relato e a feitura do relato mesmo, ademais da súa prosa, da súa literaria prosa.
Se eu tivese a sorte de falar aí, disertaría sobre a xestación da maxistral novela de Rexina Vega, e apuntaría que, mentres ela investigaba a vida e a obra do seu infortunado parente, sentiu a necesidade de construír a súa novela e, quizais sen sospeitalo, foise descubrindo como narradora; para nós, os lectores, como unha orixinal narradora literaria. Rexina Vega acaba de entrar na Literatura pola porta grande.X. A. M.
novembro, 2007
Actualización (03-12-2007): Entrevista a Rexina Vega na Peneira: "Teño moitisimas ganas de escribir para saber que é o que podo dar, xa que isto é un primeiro ensaio. Teño moitísimas ganas de descubrirme como escritora, independentemente das circunstancias: se vas recibir un premio, se aos lectores lles pode gustar ou non; pero significa que paga a pena que faga ese esforzo de seguir escribindo, de descubrirme".
Etiquetas: Rexina_Vega
Marcadores: Autores, Entrevistas, Narrativa, Premios, Presentacións, Xerais
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home