
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e a Facultade de CC da Comunicación da USC ofrecerán unha homenaxe ao
humorista gráfico,
ilustrador,
debuxante,
caricaturista,
xornalista de La Voz de Galicia,
escritor dramático, ensaísta,
conferenciante,
pintor e
tantas outras cousas...
Siro López Lorenzo pola súa traxectoria profesional o día 24 de xaneiro, xoves, no Auditorio da Facultade de CC da Comunicación en Santiago. O acto comezará ás 12 horas e será presentado polo decano do CPXG, Xosé Manuel Vega Gómez. Entre os asistentes estarán os xornalistas Xosé Luis Vilela, Xosé Luís Barreiro Rivas, Bieito Rubido , Xulia Díaz , Miguel Túñez (decano da Facultade de Ciencias da Comunicación) e os humoristas gráficos
Pinto & Chinto que farán unha pequena achega á traxectoria do
noso admirado Siro. Ademais, haberá unha actuación da cantante Manuela e do grupo
Corre Carmela que chove. A entrada a esta merecida homenaxe a un dos nosos clásicos será libre.
Marcadores: Autores, Eventos, Ilustración
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home