Que pasou no PP?
Paréceme verosímil esta explicación de Escolar sobre o que pasou onte no PP. Unha batalla que chegou, tamén, a Galicia. Non lle vexo moi boas trazas ao futuro de Mariano e do propio Alberto Núñez Feijoo (até o agoira Fraga e X.L. Barreiro) sometidos de pés e mans ao aznarismo cotroso de Esperanza e os seus. Con esta decisión, Zapatero pode respirar tranquilo (Jesús Cacho dixit) xa que pode aspirar a rebañar algún voto da dereita moderada dos que Gallardón podería impulsar fóra de Madrid.
Etiquetas: Política
Marcadores: Política
2 Comments:
Ía facer un chiste coa foto esa, que me pareceu tan apropiada para o caso este no que non hai café para todos e no que quen sae gañando é, coma din nalgún dos enlaces, a dereita máis "cotrosa". Si, creo que rancia ou casposa son adxectivos que lle acaen demasiado finos. Ía facer un chiste, dicía, pero imaxinándome ó señor Pizarro ó frente da Xustiza do Estado acabáronseme as ganas deles. Pasariamos de que a Xustiza funcione mal a que a Xustiza funcione, aínda máis, en favor das empresas e os grandes negocios, como case todo. Terrorífico. Entre iso e os últimos plans do SOE respecto á carreira xudicial, por exemplo, máis nos vale librarnos de pleitos no futuro.
Empezaría a ser bo ter claro que con todos os partidos políticos arrimándose ó "centro" o PSOE pasouse de freada e está xa no centro-dereita, empurrou ó PP á ultradereita de toda a vida e o problema é que na esquerda xa non queda ninguén con posibilidades a quen votar, polo menos en Galicia, dado que o partido galeguista está perfectamente amistado co centro-dereita basco e catalán e esas parecenme a min amistades un tanto perigosas.
Temos ata marzo para pensar. Pero como gañe o PP eu vou vivir máis adentro na cova.
O que está a facer o PP é condenarse a outros catro anos de oposición e servirlle en bandexa o goberno do Estado español ao PSOE, malia os seus continuos desacertos políticos.
Persoalmente, teño interese en ver cal é a reacción do electorado galego en relación co BNG. Sacará tallada o BNG da súa participación no Goberno da Xunta para incrementar os votos ou deputados no Congreso? A dereitización e centralismo político do PP, por mandato de Xénova, prexudicaralles nas comunidades autónomas con lingua propia? A UPD e Ciudadanos terán éxito na súa falaz campaña de denuncia do "acoso e derrubamento do idioma español"?
Postar um comentário
<< Home