Libros sen papel
Xavier Alcalá é dos primeiros autores galegos que propón unha reflexión pública sobre a utilidade dos libros sen papel. Alcalá, como tecnólogo que é expresa a súa posición, con prudencia, mais sen deixar lugar a moitas dúbidas:
"O libro sen papel está na rúa, conectado sen fíos á rede de redes, e capacitado para almacenar moreas de textos que se len comodamente pasando páxina ao premer un botón. Polo momento estes libros «electrónicos» non son baratos, pero a curva de aprendizaxe vainos converter nunha vulgaridade coma a dos teléfonos móbiles."
Quen pode negar que o debate sobre o libro electrónico xa entrou na cultura galega?
Etiquetas: Alcalá
Marcadores: Libro, Literacidade, Tecnoloxías
1 Comments:
Sempre pensei que o Alcalá escribe para lelo,pero tamén que se lle vai a olla detrás da tecnoloxía (eso si, sempre na "punta"!). Desde o bosque da F451 e dos libros con "sabor a fallado",non entendo por que resulta tan difícil entender que algúns sentimos no libro algo máis que unha procesión de formiguiñas caprichosas. Que trebello vaime traer (nin siquera co sistema matrix!) a relectura do Verne ou as sensacións (vellas pero novas!) da primeira lectura erótica?. Xa nin quero falar dos que "se poñen" rozando as páxinas... En fin, como dis noutro lugar, nunca a imaxe vía TV pode superar a imaxe vía radio. Co libro aínda peor! Salvo que o Alcalá sexa dos que non note diferencia (volvemos ó mundo matrix) entre unah chuleta virtual e unha real. Please!
Postar um comentário
<< Home