29.1.08

Estreas narrativas: Salter e Chelo Suárez

Comezamos o ano con dúas estreas na colección Xerais Narrativa: a novela A venus de cristal da narradora coruñesa Chelo Suárez e o libro de relatos A idade da auga do escritor escocés (afincado en Galicia) James Salter.
A de Chelo, ambientada na Venecia de finais do século XIV constitúe unha proposta de narración moi singular, protagonizada por un vidreiro alquimista que frecuentando todos os bordeis dunha cidade en decadencia procura atopar rapaza que agoche no seu interior unha alma inmortal e bela. Unha narración sensual, de prosa moi elaborada, enchida de personaxes grotescos e fantásticos.
A de James, oito relatos ambientados todos eles en Vigo, unha cidade-barco case chea de gaivotas, na que se exploran os vieiros do imaxinario creativo e fantástico de Cunqueiro ou do pintor Urbano Lugrís. Dous novos autores para a narrativa galega que creo supoñerán toda unha sorpresa. Agardemos a recepción destes textos.
As dúas cubertas, como ven sendo adoito nas últimas entregas, son do fotógrafo Fran Herbello.
Etiquetas:

Marcadores: , ,

6 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Por razóns de veciñanza, interésame moito esa "Venus de cristal". Cando estará na rúa?

1:13 AM  
Blogger ictioscopio said...

Ola, penso que é o primeiro comentario que deixo neste blog, ou pode que non, en calquera caso, sei que presentarme así e facer un comentario pouco "cortés" como o que vou facer non é de bo gusto; con todo, non quero que o tome a mal, senón coma "crítica construtiva". Pensei en dicirllo outras veces, se cadra cun correo (máis discreto), pero hoxe que xa é tarde e non rexo ben, e vexo estes avisos de novos libros, atrévome a dicirlle que debería mudar a liña estética das fotos das capas dos libros desta colección, porque hai algunhas certamente feas e deslucen bastante á hora de vender, que aínda que no se deben xulgar os libros pola portada, unha cara bonita sempre viste máis e entra mellor polos ollos, non é?
(e non o digo por estas dúas últimas, digo en xeral, ou en xerais, non sei; e é só un apreciación persoal, se cadra alguén di que non teño sentido do gusto, e terá razón... quen sabe?)

Nada máis, unha aperta... e beizóns.

1:42 AM  
Blogger Brétemas said...

Esta semana deberían estar estas novidades nas librarías.

6:56 AM  
Blogger Brétemas said...

Ictioscopio: grazas polo comentario. Comparto a súa idea de que debemos mellorar as imaxes das nosas cubertas. Nesa dirección vai a incorporación ao noso catálogo do trs traballos de Fran Herbello, un dos fotógrafos máis creativos e audaces cos que contamos no país. Beizóns polo teu blog.

7:17 AM  
Anonymous Anônimo said...

Fermosísimo título e moi suxerente, inquietante diría, a portada de ese novo libro "A venus de cristal". Estou dexando lelo. Poemas que lin desta autora deixáronme abraiado.

12:50 PM  
Anonymous Anônimo said...

Me corro.

1:42 PM  

Postar um comentário

<< Home