26.1.08

"Reexistencia. A obra de Manuel Rivas"

Galicia hoxe dedica unha páxina á aparición de Reexistencia. A obra de Manuel Rivas o libro da profesora da Universidade de Towson Isabel Castro que publicamos dentro da serie "Estudos literarios". Non debera pasar desapercibida esta contribución académica, a primeira monografía sobre Rivas, que axudará a renovar os nosos estudos literarios sobre autores contemporáneos (o que é un importante paso adiante) e a proxectar internacionalmente o corpus da súa obra.

Marcadores: , ,

1 Comments:

Blogger marcos valcarcel said...

Para os/as que estean máis perto (Vigo, a menos dunha hora):
martes 29 xaneiro, 20,15, no salón nobre do Liceo Ourensán, conferencia-coloquio de Manuel Rivas, "A corpo aberto".
Pecha os XVIII Encontros LIterarios do Liceo.

8:37 PM  

Postar um comentário

<< Home