8.1.08

"A sombra descalza", incluída na Lista de Honra do IBBY 2008

Hoxe soubemos da inclusión d' A sombra descalza de An Alfaya na Lista de Honra do IBBY 2008. Unha espléndida noticia para comenzar o ano. Esta obra xa contaba cos seguintes premios: o Lazarillo de literatura xuvenil 2005; o Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2006 e o White Ravens 2007. A novela, ademais, merece o apoio dos lectores, xa vai na cuarta edición. As nosas beizóns para An Alfaya que ben as merece por tan importante recoñecemento.
Etiquetas:

Marcadores: , , ,