Ler libros na pantalla
A editorial Harper Collins ofrece no seu espazo web a posibilidade de ler libros completos (como a versión en inglés do libro máis recente de Paulo Coelho), aínda que non poden ser descargados nin copiado nin impresos. Os textos estarán dispoñibles para os lectores durante un mes. A directora da editorial considera que "o mellor xeito de vender libros é permitir ao lector a lectura do seu contido". Tamén hai posibilidades de facelo dende o iphone. O dispositivo funciona de forma bastante amigable. Esta é unha iniciativa chamada a abrir un debate profundo sobre o emprego da rede na promoción editorial e da lectura, máis aínda cando está promovida por un dos grupos de edición máis poderosos do mundo. Seguirémola para poder valorala acaidamente.
Etiquetas: Harper_Collins
Marcadores: Internet, Promoción do libro, Tecnoloxías
1 Comments:
Está preparada unha editorial como Xerais para facer esto mesmo cos libros que publica ou que vaia publicar?
Por suposto, Harper Collins é unha potencia, pero non cre, amigo Brétemas, que algún sinal debería dar Edicións Xerais (e non creo que sexa moi complicado) de que pode enfrontarse (e tal vez sirva de avanzada) a unha situación nova coma esta? Por que non probar? Noutras editoriais galegas non hai intentos de facelo?
Postar um comentário
<< Home