The Bookseller ten unha páxina dedicada aos mellores book trailers do ano. É moi interesante o modelo de produción destes book-trailers, froito da
colaboración da
National Film & Television School coa revista
Bookseller, con
Play.com (unha distribuidora de produtos culturais por internet) e coa editora
Random House Group. É doado comprobar que, mesmo no mercado editorial británico, este tipo de soportes precisan de axuda para a súa realización. No entanto, o libro galego podería emular este modelo, propoñendo unha colaboración entre a
CRTVG, as produtoras privadas de cine e televisión, as escolas de Imaxe e as editoras da
AGE. Como en tantas outras cuestións da cultura galega, aquí temos outro reto para colaborar todos na visibilidade do libro galego e na promoción social da lectura.
Marcadores: Book_trailer, Promoción do libro, Vídeos
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home