
Hoxe
La Voz de Galicia e
Vieiros informan sobre os contidos do informe, encargado pola
AGE e elaborado por un grupo de traballo da USC, sobre o
impacto moi negativo da modalidade de préstamo do libro de texto sobre a viabilidade sector editorial galego. Non vou reiterar as
miñas opinións sobre a cuestión que, desgrazadamente, son agora avaladas por datos ben contundentes. Transcorridos xa dous anos e medio de lexislatura, o conflito sobre a modalidade de préstamo do libro de texto continúa, a pesar dalgúns
compromisos adquiridos pola Presidencia da Xunta e algunhas
melloras técnicas da Consellaría de Educación, en punto morto. Mentres non exista unha política de lectura e do libro promovido como un eixo transversal polo goberno galego, que abranga o traballo de todas as consellarías, dificilmente pode solucionarse este problema. Aquel
compromiso inicial da Consellaría de Cultura de promover unha Mesa Técnica formada polo sector e representantes das consellarías de Educación, Cultura, Industria e da Secretaría xeral de Política Lingúística quedou no esquezo. Ogallá este informe axude a reflexionar aos diversos responsables políticos e se puidese recuperar. A esperanza é o último que se perde.
Marcadores: Libro de texto
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home