O gol de Diego Costa
Diego Costa, o mediopunta brasileiro do Celta é un xogador fantástico, capaz de realizar xogadas de figura e tamén partidos e accións absolutamente decepcionantes. Hoxe en Soria marcou dous goles marabillosos e fixo resucitar a un Celta que criamos morto. O segundo gol, arrincando dende o medio campo e caneando a todos os que se lle puxeron por diante, é memorable, comparable aos míticos de Messi ou Maradona. Se fose capaz e xeneroso de poñer todo o seu talento ao servizo do xogo colectivo, este rapaz podería volver a facernos soñar.
Vídeo da TVG, vía celtacampion.
Vídeo da TVG, vía celtacampion.
Etiquetas: Celta_Vigo
Marcadores: Celta de Vigo, Fútbol, Vídeos
1 Comments:
Maradona? Messi? Para min que este sr. Bragado é do Celta... :) Se case lle poñen unha alfombra ao rapaz! Que conste que o gol é moi bo.
Postar um comentário
<< Home