Vigo, pechan librarías, abrirá FNAC

Vai quedar algún espazo en Vigo para as librarías independentes de cultura? Quedaremos os lectores, autores e editores sometidos á ditadura dos best sellers e falsos best sellers que inundan a Casa do Libro (cada vez que entro, coma hoxe mesmo, a pesar de mercar algún libro e participar nun acto, saio desacougado e triste, vendo o libro galego arrumbado e cativo) e a futura FNAC? Aceptamos ese destino da libraría como fatal e irreversible (Txetxu alertaba como en Praza das Letras, que aquñi tanto gabamos, as librarías galegas nin sequera son citadas)? Non chegou o tempo de promover unha mobilización cívica en defensa destes espazos especializados en lectura? Algo haberá que facer para defender, aínda que sexa de forma medualiana, un espazo comercial e cultural no que se vende actualmente o 70% do libro en galego?
Etiquetas: Librarías
Marcadores: Librarías
3 Comments:
Pois a título persoal (só colaboro no blog dunha librería) eu diría, así dende fóra, que hai que estar algo tolo para ter unha librería hoxe e aquí. O de defender un espazo comercial e demáis, soame todo a verso, demasiado quixotesco , e o final para qué? para rematar loitando contra os mesmos muiños de vento.
Concordo totalmente co post e co comentario. Ocórreseme que un xeito de evitar este peche de librerías sería desviar cartos de axudas autonómicas ás editoriais cara ás librerías, para que os títulos que non compensa facer o esforzo de vender por ser mercados directamente pola Consellería, saian dos andeis do "libro galego" dos establecementos comerciais.
Por outra banda, sempre que vou a unha librería saio coa impresión de que non aprecio a última edición dos Buddenbrook, de que me aburro na maioría das presentacións de libros e de que non entendo de literatura (cousas todas elas moi certas), pero é incrible que nun establecemento comercial fagan esa selección cos clientes. Non quixera ser un adolescente que vai mercar ciencia ficción a Albraxas, por exemplo, ou ter que aguantar a mirada do empregado mentras fuchico nos libros de peto postos ó lado dos de obrigatoria lectura na escola.
Hai anos que so merco libros nos quioscos e nos rastros (moi recomendable o de Romil, por ter os andeis tan pegados entre si que o encargado non pode vixilar).
Un saúdo.
O que levou a libraria cervantes a pechar, é que era un pouco cara...
Postar um comentário
<< Home