2.5.08

Libro, mayday mayday

Imprescindible a lectura do fermoso artigo de hoxe de Manuel Rivas sobre o libro e a lectura. Transcribo apenas dous parágrafos:

Mais se dispoñemos dun pequeno depósito de optimismo, vemos que a historia do libro é dunha resistencia exitosa contra tanta persecución. Na actualidade, as innovacións tecnolóxicas e todas as hipotecas que gravan o tempo humano, ese modelo de "capitalismo impaciente" que todo o ocupa, semella ás veces que van provocar un afundimento das chamadas humanidades. Unha especie de holocausto do libro a mans do mundo virtual.
Cómpre ter unha concepción ecolóxica do futuro do libro e da propia literatura. Vai haber modificacións no soporte. Vanse a dar grandes adiantos técnicos que propicien a difusión electrónica e libros que condensen en pequeno espazo unha biblioteca. Mais o que non vai desaparecer é a idea de libro e moito menos a necesidade da invención literaria e do pensamento libre.

Moi recomendable.

Marcadores: , ,

1 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Estamos recadando sinaturas para salvar a panificadora de Vigo do derrubo, por favor, facede publicidade da web de recollida de sinaturas a fin de evitar que a especulación remate con este belo edificio. Moitas grazas:

http://www.freewebs.com/salvemoslapanificadora/index.htm

11:11 PM  

Postar um comentário

<< Home