7.5.08

O modelo de préstamo, novo informe da AGE

A Asociación Galega de Editores acaba de presentar un novo informe sobre a modalidade de préstamo do libro de texto de en Galicia. O traballo, elaborado polo grupo PSICOM da Universidade de Santiago, que aborda os aspectos cualitativos do sistema de préstamo, entre outras conclusións salienta que "o 82% dos pais galegos enquisados considera que a principal desvantaxe do sistema de préstamo dos libros de texto é que impide ao alumnado empregar os manuais como ferramenta de traballo, limita as súas oportunidades de aprendizaxe e comprensión e non establece a gratuidade total; o modelo xera moito rexeitamento entre o sector docente e tampouco é aceptado de bo grado polos equipos directivos que ven na súa xestión administrativa unha enorme traba ao seu traballo".
Non imos reiterar a nosa opinión sobre esta modalidade de préstamo, mais semella que co paso do tempo e con estas análises tanto cuantitativas como cualitativas, os argumentos que manexamos non estaban errados. Agardamos que o vindeiro Goberno Galego poida entendelos mellor e sexa máis respectuoso co espazo ecolóxico do libro galego.

Marcadores: