Firefox 3.0
Aínda que non son moi friqui, a verdade é que me anotara hai uns días para baixar o Firefox 3.0. Baixeino, con algunhas dificultades, e noto que vai bastante máis rápido que a versión anterior. No meu mac, a aparencia aseméllase a de Safari, navega estable e non me deu erros ningúns. Agora, debemos agardar ao 25 de xullo, data na que estará dispoñible a versión oficial en galego. A xente de Mozilla e Mancomún merece que a beicemos polo seu traballo xeneroso.
Marcadores: Internet
1 Comments:
Manolo, non é preciso agardar ao 25 de xullo. Dende Mancomún veñen de publicar unha guía para galeguizar o Firefox 3.
Postar um comentário
<< Home