Desvélase o modelo de xestión da CdC

Outra das nosas perplexidades é que este modelo de xestión bipolar non parece coincidir exactamente co anunciado pola conselleira Ánxela Bugallo nas súas comparecencias parlamentares; como tamén parece ben extraño que o presidente Touriño non anunciase un compromiso explícito do Goberno central na xestión dun proxecto que debería ser considerado de estado. Porén, sen poder entrar a valorar a viabilidade e excelencia do modelo de xestión proposto nin os contidos expositivos (as informacións proporcionadas onte foron moi xenéricas), polo menos semella unha boa noticia o compromiso destas grandes empresas galegas para encarreirar tan díficil proxecto. Ben está que as dúas caixas, Inditex ou os grupo Jove e Tojeiro arrisquen parte dos seus recursos nun proxecto que, inequivocamente, debe estar ao servizo da cultura galega e da súa proxección internacional. Quedemos con esta esperanza, agardando que despois do verán se poidan despexar moitas das dúbidas que expresamos.
2 Comments:
Deixando a o marxen si esa obra k comnezou Fraga ten sentido ou non.Eu penso como vostede, deberia de ser algo donde o goberno de España "amigo" axudase a este pais en algo tan custoso.¿Que jove, tojeiro e amancio ortega se involucran? pois tamen pareceme ben, so espero k no monten un "parke tematico" e si o montan k sea o mais cultural posible, por k esta xente non da puntada sin fio.Saudos do amigo coruñes
acabo de leer k emrpesarios asistiron a cea con touriño e cia, para eso da financiacion de CdC, e seika van a presentalo por todo lo alto en setembro. E pasmome k akeles denostados "especuladores do ladrillo"(exemplo mais claro epifanio campo "fabricante de ladrillos") k tanto foron atacados antes das eleccions por os politicos, agora os senten a sua mesa pa pedirlles cartos.Isto da politica e os cartos e un culebron sin fin, a o final, k ben se levan.
A.Coruñes
Postar um comentário
<< Home