Galeusca
Hoxe asinei o texto que a Federación de Escritores Galeusca publica como necesaria resposta ao "Manifesto de Savater" (o filósofo hoxe recunca nun artigo en El País no seu vitimismo, moi irado pola posición contraria do PSOE e o presidente de Zapatero ao seu texto). O texto dos escritores cataláns, vascos e galegos manexa argumentos potentes e ben podería servir de base para constituír unha plataforma cívica a prol do plurilingüismo en todas as comunidades. españolas. Especialmente interesantes parécenme estes dous parágrafos:
"4. O galego, éuscaro e catalán tamén son linguas oficiais nos seus territorios, que é o mesmo que dicir que son as linguas propias de aproximadamente o 40% da poboación do estado español. Estes códigos lingüísticos diferentes do castelán, lexítimos e nos que se recoñece o percorrido e expresividade dun pobo e dunha cultura, son instrumentos de comunicación igualmente “democrática”, ferramentas de relación interpersoal útiles e necesarias para a sociedade que as sustenta."O texto pode apoiarse dirixindo un correo electrónico á secretaría da AELG: oficina@aelg.org
[...]
"9. As políticas lingüísticas aplicadas ao ámbito educativo nas chamadas comunidades bilingües teñen como obxectivo conseguiren que o alumnado acade unha boa competencia nas dúas linguas oficiais, independentemente de cal sexa a súa lingua familiar. Para acadar ese obxectivo, é preciso desenvolver planificacións lingüísticas que garantan a consecución dese obxectivo e que pasan, necesariamente, pola utilización vehicular maioritaria da lingua máis desfavorecida socialmente. E isto, en vez de ir contra a liberdade lingüística, é, precisamente, unha actuación imprescindible para garantir esa liberdade lingüística."
Marcadores: Iniciativas, Lingua, Política
3 Comments:
Teño coñecidos k firmaron o do castelan, teño outros k lles chaman "fachas" por firmalo.A min me da k e uhna guerra politica, eu tanto falo un como o outro.Nin o galego desapareceu con franco nin o castelan desaparecerá agora.Ultimamante teño problemas mais gordos co euribor k co idioma.Anonimo Coruñes
Sen dúbida as 'vítimas' da guerra lingüísitica temos outros problemas máis acuciantes nas nosas vidas.
Só que algúns teñen outros intereses como a Cidade da Cultura (Baleira?) será un Novo Museo do Mar (en seco?)
Ou coma os 50 millóns de €uros do Plan de Animación á Lectura levado adiante pola Conselleira de Cultura ata o 2011...
Se non é subvención é unha boa INVERSIÓN de Futuro para tódalas Editorias que publican en Galego?
Na vida non todo é 'fraguismo' ou antifraguismo. Ogallá fora todo tan sinxelo. Chercher l'argent..!
Coincido contigo en que os argumentos esgrimidos pola Federación de Escritores Galegos, Vascos e Catalán GALEUSCA ten maior consistencia cós de Savater et alii. Eu tamén mostrei o meu apoio á declaración de GALEUSCA coa sinatura. Saúdos.
Postar um comentário
<< Home