Estravagante Club Financeiro
Hai case dous meses expresei a miña preocupación polo feito de que unha parte da nosa clase empresarial se deixase agarimar polos brazos castelánofobos. Desgraciadamente a información da que dispoñía daquela non estaba errada. Onte o presidente e o xerente do Club Financieiro de Vigo deron a coñecer un documento (vinte páxinas, poden baixarse en pdf) no que defenden con escasas matizacións as posicións da asociación Galicia bilingüe (e do Partido Popular) sobre o emprego do galego no sistema educativo, ao tempo que aproveitan para realizar estravagantes afirmacións sobre os prexuízos que para competitividade das empresas e para a fragmentación dos seus mercados supoñen normativas lingüísticas semellantes as de Galicia.
É moi significativo que o documento do Club Financeiro de Vigo (asinado no mes de xullo) apareza coincidindo co inicio do curso escolar (máis leña para a fogueira!), cando é clamoroso o silencio desta entidade sobre cuestións que lle serían propias a un colectivo empresarial, como, os efectos da crise económica, as deficiencias do noso sistema educativo ou por citar outro exemplo que me puxo esta mañá un bo amigo nun correo, "a sangría de profesionais novos e preparados que cada ano marchan a moreas de Galicia, entre outras cousas, pola incapacidade deses empresarios de crear un tecido produtivo que os acolla".
Con todo, a pesar de utilizar argumentos resesos, enchidos de prexuízos, falsidades e lugares comúns, debemos recoñecer que o Club Financieiro de Vigo abre con este documento outra liña de argumentación moi novidosa e audaz na loita castelanófona contra a normalización da nosa lingua: "a política lingüística dana a competitividade das empresas" (o que imaxinamos supoñerá que ao longo prazo tamén será para os membros deste distinguido club de empresarios a causante do aumento do paro, do peche dalgunhas empresas e do decrecemento do PIB en Galicia...) ou "prexudica a internacionalización das nosas empresas". Con esta liña de argumentación volvemos, sen dúbida ningunha, ás posicións lingüísticas asumidas antes da Constitución (da que por certo no documento non se cita nin o seu artigo nº 3): "Falar galego pode emprobecernos", "Falar galego aumento o desemprego", "Falar galego prexudica o futuro das empresas", "Falar galego baixa as vendas", "Falar galego... ". Pobre lingua proletaria do meu pobo causante de todos os males que sofre ou pode sofrir no futuro a economía nosa! Isto xa é o delirio.
É moi significativo que o documento do Club Financeiro de Vigo (asinado no mes de xullo) apareza coincidindo co inicio do curso escolar (máis leña para a fogueira!), cando é clamoroso o silencio desta entidade sobre cuestións que lle serían propias a un colectivo empresarial, como, os efectos da crise económica, as deficiencias do noso sistema educativo ou por citar outro exemplo que me puxo esta mañá un bo amigo nun correo, "a sangría de profesionais novos e preparados que cada ano marchan a moreas de Galicia, entre outras cousas, pola incapacidade deses empresarios de crear un tecido produtivo que os acolla".
Con todo, a pesar de utilizar argumentos resesos, enchidos de prexuízos, falsidades e lugares comúns, debemos recoñecer que o Club Financieiro de Vigo abre con este documento outra liña de argumentación moi novidosa e audaz na loita castelanófona contra a normalización da nosa lingua: "a política lingüística dana a competitividade das empresas" (o que imaxinamos supoñerá que ao longo prazo tamén será para os membros deste distinguido club de empresarios a causante do aumento do paro, do peche dalgunhas empresas e do decrecemento do PIB en Galicia...) ou "prexudica a internacionalización das nosas empresas". Con esta liña de argumentación volvemos, sen dúbida ningunha, ás posicións lingüísticas asumidas antes da Constitución (da que por certo no documento non se cita nin o seu artigo nº 3): "Falar galego pode emprobecernos", "Falar galego aumento o desemprego", "Falar galego prexudica o futuro das empresas", "Falar galego baixa as vendas", "Falar galego... ". Pobre lingua proletaria do meu pobo causante de todos os males que sofre ou pode sofrir no futuro a economía nosa! Isto xa é o delirio.
12 Comments:
Todos sabemos que os empresarios, en xeral, non falan nin teñen o menor interese no galego.
Non sei de que te extrañas.
Concordo con paideleo, sabememos quen son e onde están e non é de extrañar o que din e a ideoloxía que os sostén. O preucpante é que o seu discurso vai callando na opinión pública e en moitos cidadáns, e xa sabemos o que pasa cunha mentira a forza de repetila, mlleor lels iría precuparse pola sinestralidade laboral, asunto no que aínda teñen moito que facer e que é responsabilidade súa.
En relación coa competitividade só chega con poñer o exemplo de Barreras e a súa politica lingüistica, unha empresa galega e en galego que está no cumio mundial, e a que por certo o CFV vai outorgar a súa medalla.
Unha vez máis, a clase dirixente deste país amosa o seu desprezo pola lingua. Estamos a 50 anos da burguesía catalá.
O discurso do Clube de Empresarios é un discurso subscribible pola maior parte da burguesía viguesa, sexa empresario ou non. Non fai falta que calle: en realidade, o clube traslada ese discurso públicamente. Pode non gustar o que digo, pero é así e dun tempo a esta parte de forma aínda máis clara, con menos complexos. Antes era inhabitual que alguén despotricara abertamente contra o galego nunha discusión: hoxe o normal é a aceptación inmediata de tal discurso. Para min o discurso do Clube non é nada estravagante: é o máis habitual nestes tempos. Triste, pero é así.
E fun consciente disto cando nunha reunión de nais e pais (e despois de asistirmos a unhas cantas sen o mínimo problema), un pai criticou que a educación física se dera en galego (sic). A partir daí, xurdiron voces discordantes con este pai, que con intensidade foron quen de poñer as cousas no seu sitio. Pero unha intervención máis ao lado do primeiro (quitou o asunto das matemáticas) fixo que case todos os pais e nais que alí se atopaban asumiran con total naturalidade esa denuncia. Eu marchei abraiado e pensei que a cousa era preocupante. Agora comprobo que desgraciadamente os meus temores eran fundados.
Lamentable, penoso e indignante o texto destes "cabos chusqueiros" de industria (pois non chegan a "capitáns"), cheo de falacias, prexuízos, dislates e moita mala fe.
E máis lamentable aínda, como di Arume, é que tal discurso forme parte cada vez máis de determinados sectores urbanos e semiurbanos. Non hai máis que ler a cantidade de comentarios troglodíticos á noticia na edición dixital do Faro de Vigo.
O que cabería esperar dos empresarios é xa non unha postura favorable, pero cando menos unha posición neutral ou indiferente verbo da cuestión idiomática. Pola contra, optan pola belixerancia máis activa.
Habería que preguntarse que se fixo mal, que se fai mal, para que este tipo de actitudes crezan como cogumelos en Galicia. Non deixa de ser sintomático que no amplo e ben trabado discurso de Anxo Quintana do pasado 15 de xullo no mesmo "Club Financiero de Vigo" (pódese descargar na súa web) só aparezan -e como de pasada- as expresións "consolidar estratexias de normalización cultural e lingüística" e "normalización cultural", pero que desaproveitase a ocasión para facer algunha referencia, por mínima ou convencional que fose, á lingua galega.
Un saúdo.
Coñezo a un dos membros máis destacados de tal clube e podo asegurarlle, amigo Apicultor, que os que interviron na mesa onte (entre eles un que presume de coqueteos pesoeiros), ao seu lado, son galeguistas. Figúrense con quen andamos. Claro que calará (así el mesmo actúa), por se as adxudicacións das obras públicas non lle tocan. Non vaia ser.
Albixoi, pero ¿se trata de estar a menos años de la burguesía catalana? Tal vez has querido decir otra cosa, en la que sí puedo estar de acuerdo. Algunas no queremos ser burguesas.
Los empresarios no se distinguen precisamente por "hablar", mas bien "emprenden", y no pocas veces sin encomendarse ni a... ¡así les/nos va!
Non me parece que sexa, exactamente, novidosa a liña argumentativa dos que se acaban de sumar á fronte anti lingua galega. Máis ben, sumándose á emerxente vaga (e se cadra, polo tanto, de maneira escasamente audaz) poñen á vista de novo o vello espírito de Jaime Solá, sen dúbida permanente -ou vdes. dirán- no sempiterno espírito de moita burguesía viguesa:
"Cualquier región de cualquiera de los países de clima como el nuestro que poseyese tres fuentes de aguas minerales como las de Mondariz, Cuntis y La Toja, y en la cual no se cultivase el regionalismo unilateral que a nosotros nos entretiene y debilita, poseería ya la red de comunicaciones más perfecta y se habría adueñado ya del turismo veraniego de la patria y del turismo extranjero invernal de las naciones de Occidente. Pero nosotros tenemos la desgracia de que nuestros hombres que se llaman progresivos vivan preocupados con los problemas filológicos y, mientras ellos aprenden el gallego o lo importan de otras tierras, los problemas vitales, los verdaderos problemas de progreso, están sin resolver. ¿He dicho resolver? No están resueltos ni siquiera planteados".
Para entender algunhas cousas, a min foime ben ilustrativa a lectura de O pacto galego na construción de España (Manuel Veiga, A Nosa Terra, 2003), centrado na análise e interpretación editorial do Faro de Vigo (entre o 1898 e o 1923) e en cuxa páxina 232 se transcribe a cita precedente.
En Política Lingüística, con maiúscula, desde logo moito se está a facer mal, aínda que me considero bastante benévolo usando ao respecto o verbo "facer". Porén, o que máis urxe é seguramente recuperar a sinerxia social a prol do idioma; desadormecer, logo de xa -se cadra- dez ou quince anos.
O problema, penso, non é só de Política Lingüística, entendida nun sentido institucional e/ou educativo. O problema é máis profundo, de raíz. É da propia sociedade galega e daqueles sectores supostamente máis dinámicos. Un problema de discursos e de prácticas.
Algo se fixo mal, algo se fai mal... en moitos lugares, por moita xente.
Eu ainda de pecar de repetirme, penso como "apicultor".O problema e de raiz, asi non se fan as cousas, algo está fallando no ensino, e na fala do galego.(Pero si eu acordo a os meus avos e a os meus pais falando galego no frankismo.)
Mentres se faga do galego unha "loita", penso k gañara o castelan.
E si sobre a burguesia catalana e millor k a galega....en fin.
A.Coruñes
O meu comentario sobre a burguesía catalá viña a conto polo trato de favor da lingua do país. Moi pola contra, en Galiza como todos sabemos, a lingua do país é en moitos casos motivo de mofa e burla. Até que non nos semellemos un pouco aos cataláns non haberá nada que facer porque, queiramos ou non, a burguesía é hoxe en día a clase que prestixia unha lingua.
Tampouco convén idealizar de máis á "burguesía catalana". Ao meu ver, non é que esta sexa militante a prol do catalán, senón que "deixa facer" e non se insmiscúe na política lingüística na medida en que a política xeral catalanista é favorable aos seus intereses e negocios.
En Cataluña deuse, penso eu, unha alianza tácita entre a burguesía e o catalanismo nos seguintes termos por parte da primeira: "Vós potenciade a lingua e a cultura catalanas e, ao tempo, defendede a nosa posición económica. Así nunca teremos nada que obxectar".
Aquí, dalgún xeito, o BNG quere facer algo semellante. Mais, lamentablemente, falla esa burguesía que non chega a burguesía (porque se lle ve el pelo de la dehesa).
Postar um comentário
<< Home