TioVivo
O amigo Fausto Isorna envíame esta páxina recuperada de TioVivo. Non ten desperdicio.
Pode lerse máis comodamente premendo sobre a imaxe.
Actualización (16:00 horas): Arume dos piñeiros e Cesare preguntan sobre a data de publicación desta portada de TioVivo, sen dúbida, unha cuestión moi importante para sacarlle ao texto e ao contexto (sociolingüístico e identitario) máis miga. Os datos que atopei son os seguintes:
Actualización (16:00 horas): Arume dos piñeiros e Cesare preguntan sobre a data de publicación desta portada de TioVivo, sen dúbida, unha cuestión moi importante para sacarlle ao texto e ao contexto (sociolingüístico e identitario) máis miga. Os datos que atopei son os seguintes:
– A revista TioVivo comezou a publicarse semanalmente en 1957 promovida por un grupo de historietistas da editorial Bruguera (entre eles Peñarroya, o autor desta portada), agrupados na Cooperativa D.E.R. (Dibujantes Españoles Reunidos). A partir de 1961 foi adquirida por Bruguera que iniciou unha nova numeración. Entendo que esta plana corresponde a esta segunda etapa. Sendo a numeración da plana que reproducimos, 176, o ano previsible da súa publicación debería ser 1964.
– A empregada galega recórdalle a Pepe "El Hincha" que Luisito Suárez e Amancio son os mellores xogadores do mundo. Recordemos que Amancio Amaro, o memorable extremo do Deportivo da Coruña, fichou polo Real Madrid (formando parte da selección española que en 1964 gañou o campionato europeo) en 1962 e Luis Suárez (quizais o mellor xogador galego de todos os tempos), fichou polo Barcelona en 1953 e logo polo Inter en 1961. Outra referencia a un futbolista galego na plana é a de Pahiño (o afouto goleador de Navia, fichado polo Real Madrid ao Celta no ano 1948).
– Cruzando esta información, semella que é verosímil afirmar que esta plana de TioVivo está datada en 1964, un ano no que competiron en primeira división o Pontevedra (liga 1963-64) e o Deportivo da Coruña (liga 1964-65), ambos os dous descendidos ao remate de senllas tempadas. Razón pola que ese simpático "Panduriño", apupado pola empregada, podería ser o Pontevedra ou o Deportivo da Coruña.
13 Comments:
E de que ano ven sendo? Se costaba 3,50 debía de andar polo ano 1970, máis ou menos.
É xenial.
Se pode achegar máis información sobre o ano de edición estareille agradecido...
No ano 1968 andaban polo número 370: véxase. Pode ser desa data que investigou Brétemas.
Caralludo! Que a AELGA meta unha reproducción no envurullo ese que lle van envíar a Steiner coas obras esenciais da literatura galega.
K de recordos.
A.Coruñes
Un dato máis: A serie de "Pepe el hincha" comezou a publicarse en 1962 (http://es.wikipedia.org/wiki/Jos%C3%A9_Pe%C3%B1arroya). O que non teño claro é se rematou tamén en 1962 ou se se prolongou.
E Molleiro e Manciñeiras sabe quen son?
Molleiro e Manciñeiras (salvo mellor citerio de historiadores do fútbol galego) non aparecen na rede. Acaso sexa unha creación, como a de "Panduriño"? Sería bo tratar de responder a esta pregunta. Creo que a serie de "Pepe el Hincha" continuou publicándose despois de 1962. Seguiremos fedellando para sabelo.
Já que falades de Luís Suarez, comentar um tesouro que tenho na minha casa: A primeira ficha de Luís Suarez na temporada 52-53:
http://odemo.blogaliza.org/2006/05/07/o-meu-avo/
O meu avô -que foi goleiro do Deportivo e do Santander, até que umha terrível entrada dum dianteiro do Bilbao retirou-no para sempre- foi quem o fichou de primeiras :D
Pode tratarse de Moleiro, un xogador do Madrid dos anos 40, pero non sei se procedía dun equipo arxentino. Hai foto por internet. Agora non a atopo.
En internet hai un extraordinario blog, coñecido gracias a estas pesquisas, sobre os tebeos: Pepe el hincha.
Supoño que xa o sabían: Panduriño é un personaxe secundario, con certa importancia na trama, da novela costumista de Alejandro Pérez Lugín La casa de la Troya. Como, por outra banda, se fixo unha película que debeu ter certo éxito, probablemente o autor da tira aproveitou o folclórico nome para "humilde y pintoresco" clube de fútbol galego.
O número corresponde á 2ª época de Tio Vivo (xa na editorial Bruguera) e aproximadamente debe ser do 19 de xullo de 1964, día arriba ou abaixo, contando por outro número cercano.
En canto aos nomes do equipo e dalgún xogadores, non teñen porque ser reais, tendo en conta que Pepe o Hincha era do "Pedrusco", e tiña como enemigos acérrimos aos do "Menisco" (ou era ao revés?). E non xogaban na 1ª, senón nalgunha división bastante inferior.
O debuxante Peñarroya era catalán, e nada facha, como case todos estes debuxantes. O tratamento da "chacha galega" respondona é bastante "reivindicativo", para a época e o que se podía decir.
Esta historia lembroume dunha viñeta de Mortadelo e Filemón que moito me cabreaba de pequeno. Agora, vendo cómo fala o presidente da Xunta, xa non me escandaliza tanto...
Atopeina e subinlla aquí:
http://img133.imageshack.us/img133/359/eupotaxemortadelodl4.jpg
Aparece nunha recopilación da colección "Olé", e estes "galleguiños" aparecen só nesta viñeta, que é a final.
Postar um comentário
<< Home