22.11.08

Ánxela Bugallo, entrevistada en «Galicia hoxe»

Pareceume moi interesante a entrevista que Galicia hoxe publica con Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura e Deporte. O que máis me chamou a atención é o escaso interese que se lle concede á cuestión do libro e a lectura nun amplo percorrido polos temas da axenda da consellaría de Cultura durante a lexislatura (Cidade da Cultura e a súa xestión, AGADIC, Plan Galego das Artes Escénicas, patrimonio...). Coa excepción dunha breve referencia ao plan de fomento da lectura e á presenza nas feiras de Frankfurt e Boloña non atopamos, nin por parte da conselleira nin da persoa que a entrevista, ningunha outra alusión ao mundo da lectura e da creación literaria. A palabra «libro» tampouco aparece por ningures. Algunha vez os responsables actuais da consellaría de Cultura e Deporte deberán explicar cáles son as razóns desta omisión (consciente ou inconsciente, a verdade que non sei interpretala) do «pan da cultura» e do eixo que vertebra todas as políticas culturais das sociedades do noso entorno. Seguindo este mesmo fío, a ningún observador atento se lle puido escapar que este ano o Cultur.gal 2008 (organizado pola Consellaría de Cultura) perdeu na súa denominación o sintagma «libro» co que fora bautizado na súa primeira edición. Un detalle, quizais, insignificante, que nos deixa perplexos nunha comunidade que durante estes tres últimos anos non conseguiu abandonar os postos de cola en índices de lectura e dotación bibliotecaria.

Actualización (24-11-2008): Daniel Salgado entrevista en El País Galicia á conselleira.

Marcadores: ,

6 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Terá algo que ver co que comentas a nefasta xestión Bibliotecaria desta terra emperrada en fuchicar en Meigas máis que en asesorar ós lectores e atender ós usuarios coma persoas de carne e oso...?

Será que temos unha cultura de ESCALA e xa non é cousa de vender un ou catro libros senon de romper récords de vendas para regalar en Nadal e pouco máis...?

Pero non te queixes que Anxela seica vos regalou 50 millóns de Euros en animación á lectura (eso sí era dende o 2007 ate o 2011) haberá que volvela colocar no sillón catro anos máis...?

Saúde Brétemas...

2:48 AM  
Anonymous Anônimo said...

Xa puxen noutro post o k me parecia eso de Culturgal.A cultura non pode formar parte da politica partidista, a cultura e de todos. E istos da Xunta so fan politica.Os libros e a lectura non dan votos, convenlles mais por exemplo, a RTVG, ou a mesa esa linguistica.
A.Coruñes

10:59 AM  
Anonymous Anônimo said...

Pois eu non vexo que a entrevista sexa moi interesante. O/a xornalista só lle pregunta polos temas "candentes", así que a min non me extrañou nada que non se tratase o tema do libro. A entrevista é un 40% a Cidade da Cultura e o resto un batiburrillo de temas "in": lópez Chaves, a música, a proxección exterior...

11:59 AM  
Blogger Brétemas said...

Precisamente considero a entrevista "interesante" pola omisión das políticas de lectura. Se os nosos baixos índices de lectura non son unha cuestión "candente", moi mal imos nas nosas políticas culturais.

12:25 PM  
Anonymous Anônimo said...

Deixar en mas da Consellería a organización de Culturgal foi un erro evidente; igual, ao meu parecer, que non facer unha feira do sector do libro exclusiva.

2:39 PM  
Anonymous Anônimo said...

Leva vostede moitos anos nisto, señor Brétemas. Debería saber o que lle interesa e o que non aos xornalistas (e, por conseguinte, aos políticos).

1:00 AM  

Postar um comentário

<< Home