26.11.08

Sesenta Aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos

O vindeiro 10 de decembro celebrarase no Auditorio do Centro Cultural Caixanova un acto cívico, con motivo do sesenta aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no que se presentará o libro Educación e Paz III. Literatura Galega pola Paz, coordinado polo recentemente desaparecido Xesús R. Jares.

O acto, que será conducido por Manuel Romón, contará coa participación de Ánxela Bugallo (conselleira de Cultura e Deporte), Abel Caballero (alcalde de Vigo), Manuel Bragado (director de Xerais) e unha representación dos trinta narradores e poetas galegos que participan no volume de Literatura Galega pola Paz. Durante o acto dez alumnos e alumnas dos IES do Castro e de Teis de Vigo lerán o texto da Declaración e os profesores da Escola de Música Tradicional de Vigo, compoñentes da agrupación Son de seu, interpretarán diversas pezas. Este acto, ademais, constituirá a merecida e emotiva lembranza de Xesús R. Jares, fundador de Educadores pola Paz e promotor da triloxía Educación e Paz, editada por Xerais.

Este acto de conmemoración da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e de presentación de Educación e Paz III. Literatura Galega pola Paz está organizado pola Concellería de Educación do Concello de Vigo, por Educadores pola Paz de Nova Escola Galega e por Xerais, contando coa colaboración da Consellaría de Cultura e Deporte e de Caixanova.

O cartel do acto, así como a portada do libro, foron deseñados por Ángel Cerviño.


Marcadores: ,

2 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Haberia k leerllos a Fidel ou a o Gorila roxo por exemplo.
A.Coruñes

6:30 PM  
Anonymous Anônimo said...

Gran iniciativa. Iso si, estaría ben que contasen tamén con alguén dedicado a ese método didáctico rico, trnasversal, e todos os bos adxectivos que se lle queiran poñer que se chama teatro, e que é, por certo, un dos escasos sectores "normalizados" da nosa sociedade. E discúlpeme poñer a queixa (xa vella) nesta boa nova, pero é que...

9:25 AM  

Postar um comentário

<< Home