Campos do Fragoso LXVIII
AUTOESTIMA
A merecidísima e clara vitoria de onte fronte ao poderoso Zaragoza, con toda seguridade o máis claro favorito ao ascenso, serve ao Celta para recuperar a autoestima perdida nas Palmas e para volver engancharse no territorio dos soños, o único onde os esforzados seareiros celestes queremos velo disputar esta competición de segunda división. Sorprendeu Pepe Murcia cun cambio radical do seu esquema habitual, apostando por un novidoso 4-4-2, no que David Rodríguez acompañaba na punta ao goleador Dinei e Dani Abalo e Óscar Díaz subían descarados polas bandas. A aposta do adestrador celeste tivo un éxito rotundo. No primeiro cuarto de hora –cunha saída fulgurante e arrolladora, onde os dianteiros nosos tiveron até catro ocasións de gol (a primeira de David Rodríguez, unha man a man co porteiro, nada máis comezar o partido)–, como case durante todo o encontro, o Celta amosou un ritmo, unha intensidade, unha verticalidade e unha colocación sobre a lameira excelentes. Non se notaron as ausencias de Trashorras e Ghilas (até agora as nosas referencias máis creativas), nun conxunto ben construído dende a defensa, onde o traballo extraordinario de Ariel Rosada, axudado por Michu, proporcionaba seguridade e magníficas recuperacións ofensivas. No entanto, o Zaragoza, mediada a primeira parte, conseguiu espertar e nun dos seus ataques Ewerthon enviou ao pao un xute dende a central da área, que deixou a bancada sen alento. Foi a mellor e case única oportunidade aragonesa. O partido, até entón, moi entretido polo afán atacante dos dous equipos, entrou nunha fase aburrida, que beneficiou as aspiracións célticas. Tras o descanso, coincidindo coa chegada do ballón, Rosada aseñorou o encontro, cunha visión do xogo incriblemente intelixente e un sacrificio na presión extenuante. Cos vimbios desa disciplina fabricouse o primeiro gol galego, un xute contundente de Dinei, dende fóra da área que entrou pola escuadra, tras un oportuno servizo de tacón do xenial Rosada. Co marcador adverso, un Zaragoza desconcertado adiantou liñas e atacou irreflexibamente até con cinco xogadores que se esnafraron diante dunha defensa céltica que non perdía a súa orde e tampouco renunciaba a dirixir o contraataque. Maris, que substituíu a Rodríguez, puido sentenciar, tras un peiteado de Dinei. Mais foi o arousán Dani Abalo quen, ao primeiro toque, soubo aproveitar unha parede de Dinei para pechar o marcador. Esta vitoria, tan ben construída dende a disciplina de todas as liñas celestes, aumenta considerablemente a fortaleza emocional do equipo. Algo, até agora, excepcional que hoxe celebramos co maior entusiasmo.

Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol
4 Comments:
Dende coruña, desexolle sorte a o celta, a ver si sae do pozo.
A.Coruñes
o que vimos o sabdo en valaidos e o celta que todos o que o queremos ben gustarianos ver todo o ano,un saludo e HALA CELTA¡
Eu vin o bo anaco da segunda parte e, ademáis de traerlles sorte, que en canto me puxen marcou o Celta, aínda pasei unha media hora ben divertida. A ver se seguen así, acompaña a sorte e para o ano temos derbi.
E qué pena tan pouca xentiña no campo, carafio.
Postar um comentário
<< Home