13.12.08

Nova Escola Galega, vinte e cinco aniversario

Hoxe participaremos no vinte e cinco aniversario de Nova Escola Galega, o movemento de renovación pedagóxica no que levamos participando dende a súa fundación. Un día para reatoparse cos vellos amigos do corazón.

Marcadores: ,

5 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Por o k vexo unha asociacion moi "financiada" por a xunta.Tamen podian financiarme amin algo
A.Coruñes

4:13 PM  
Anonymous Anônimo said...

A.Coruñes:

Se ten un proxecto a décima parte de interesante que a N.E.G. de seguro que algo caerá se peta na porta axeitada. O que este proxecto leva, para un labor moito máis útil e fundamental para a nosa sociedade, sempre é moito menos que o que a Xunta destina a prensa propagandística, infraestructuras que non van a ningures, tapar buratos de bancos, etc. ¿non lle parece?

A.Ourensán

8:26 PM  
Anonymous Anônimo said...

A.ourensan:
Levará vostede razon, será moi util.Eu non teño proxectos,non teño moitas portas donde petar, eu so son un simple obreiro k intenta chegar a fin de mes. Un saudo
A.coruñes

8:41 PM  
Blogger Brétemas said...

A. coruñés: NEG leva vinte e cinco anos sendo unha asociación de profesores e profesoras absolutamente independente do poder político. Bastantes disgustos nos custou facelo. Falar de de que somos "financiados" pola Xunta, xúrolle que, no noso caso é unha brincadeira. Prégolle que se informe sobre o noso funcionamento e o noso proxecto.

9:41 PM  
Anonymous Anônimo said...

Estimado D. Manuel, con k vostede o diga , bastame. Un saudo e noraboa por o seu Celtiña
A.Coruñes

10:18 PM  

Postar um comentário

<< Home