16.12.08

Fran Alonso, «Un país a medio facer»

Atina de cheo o meu compañeiro Fran Alonso cando na entrevista que lle fai Vieiros, a raíz da aparición d' Un país a medio facer (o seu libro máis recente, que moito recomendo), afirma valentemente: «A automoción e a banca reciben moitas máis axudas públicas cá cultura». Efectivamente, a pesar de que sectores como o da lectura é considerado na recente Lei do Libro como un «sector estratéxico» para o país e a pesar de que os que nos dedicamos á edición padecemos o «sambenito» prexuizoso de ser constantemente acusados de recibir subvencións, as axudas públicas que recibimos son escasas e o futuro do noso sector cultural deféndese no mercado co apoio do pobo lector. O maior éxito do noso sector cultural durante estas dúas décadas, ás que se refire Fran no seu libro, radica na consolidación dun público que, aínda de dimensións cativas, vai dialogando cos produtos da industrial cultural en lingua galega, xerados polos nosos escritores, músicos e artistas. Pasar dese país a medio facer a do país orgulloso do que fai é o reto actual que afronta a cultura en galego.

Marcadores: , ,

2 Comments:

Blogger Noé said...

Novas idéias!

12:21 PM  
Anonymous Anônimo said...

Cambiando de tema. Xa me dirá vostede k lle parece eso de "Galicia Way", para min un poukiño hortera:como dicimos por aki, un pouco marulo. Un saudo
A.coruñes
PD.Despois dician k o PP era cursi

8:26 PM  

Postar um comentário

<< Home