Con Lorenzo Varela en Monterroso

Ademais das alocucións –algunhas moi notables, como as de Carlos Callón e Daniel Salgado (os dous oradores máis novos) ou o clasicismo de don Xesús (que rematou a súa peza de catro minutos exactos sobre "Lorenzo Varela e a revolución" cunha cita memorable de Ernesto Cardenal: "Somos soldados derrotados dunha causa invencible: a humanidade")– foi importante, na clausura da xornada, o compromiso que amosou o presidente Touriño coa causa da recuperación da memoria do exilio e a potenciación da cultura de noso. Xestos coma este debemos recoñecelos con entusiasmo, xa que demostran que, efectivamente, vivimos nun tempo novo de esperanza.
Marcadores: Efemérides
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home