Despois do Simposio
Estamos satisfeitos do resultado do Simposio, sobre todo, polo debate que está creando na propia rede. Adianto unha relación de enlaces de amigos e amigas que o comentan estes días:
Beizóns para todos!
Beizóns para todos!
6 Comments:
Beizóns para Brétemas por este tremendo traballo en beneficio de todos.
Emulando ao Compostela F.C., a edición renacerá das súas cinzas coma o gato Félix (Caneda dixit).
Saúdos
Fai tempo laiaba pola falta de interés dos editores españóis nas novas tecnoloxías da edición. Este simposio, que é seguido con gran interés gracias a Manuel é unha proba de que as cousas van cambiando.
Tamén é interesante ver cómo una industria da edición cativa a pequena coma a nosa pode estar máis interesada nestas novas vías que as grandes editoriáis. Felicidades
Lin atentamente todo o que vostede publicou co gallo do encontro en Compostela, lin o do resto dos blogs, visitei ese novo proxecto editorial que semella apaixoante... e despois de todo iso quédame a dúbida de se todo este avance non carrexará, coma ten sucedido no eido musical, buratos nos petos dos autores que os obriguen a trocar de laboura. Non falo só dos escritores do pais, senón da escrita en xeral.
Os músicos resígnanse a non ingresar pola venda dos discos -estou moi pertiño dunha gaiteira que viu reducir as copias nun 80%-e facer os cartos nos concertos, mailos escritores...
Poida que sexa unha parvada o que digo, unha reflexión contraria os tempos, un tremor de home coitado, o que vostede queira, maila dúbida permanece.
Léxico editorial en www.pablitonet.tk
Muito obrigado, Manuel. Foi um prazer ter estado em Santiago de Compostela e partilhado e recebido conhecimentos. Percebi melhor como a edição (e os blogues) ajuda a criar uma cultura e uma língua. Continuação de perspectivas positivas e optimistas.
Além de tudo, aproveitei para viajar pela Galiza, ler jornais galegos, ouvir (bastante) rádio galega, ver uma exposição, assistir a um bailado e comprar livros.
Galegos e portugueses temos que procurar non vivir virados de costas. Seguro que percibistes que latemos co mesmo corazón. Abraços e saudades.
Postar um comentário
<< Home