Diálogo entre a edición impresa e a edición dixital
Manuel M. Barreiro propuxo na súa intervención no Simposio un diálogo entre a edición impresa e a edición dixital a partir da análise da publicación de manuais de referencia e universitarios. Partindo da constatación do proceso en marcha cara a desaparición inevitable deste tipo de obras en edición impresa propuxo considerar o contido como auténtico nicho do futuro do negocio da edición de referencia.
Barreiro sinalou algúns dos trazos da relación entre editores e autores universitarios:
- Carácter pre-gutemberguiano do espazo universitario.
- Prevalencia da publicación impresa como factor de prestixio académico.
- Desencontro entre a oferta académica e a demanda editorial.
- Desaxustes entre os formatos.
- Preferencia non delcarada polo público minoritario.
- A investigación reñida coa divulgación.
- Manuais e materiais docentes universitarios con poucos incentivos e altos custes.
- Predominio do manual "difuso".
Barreiro sinalou algúns dos elementos que neste eido pode achegar á cultura da rede:
- O produto sos editores son os contidos e non os libros.
- O espazo do autor é a creación de contidos.
- Investir no prestixio dos novos soportes dixitais.
- Unha nova relación cos orixinais: maior intervención, maior transacción.
- Difusión e atención como valores emerxentes.
- Aproveitar as características dos soportes dixitais.
- Reparar nas avantaxes da edición dixital para dar saída aos contidos de referencia e universitarios.
Marcadores: Edición, Literacidade
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home