Comercio interior do libro 2005
Ás portas de Liber, aparece o avance de datos do estudo do comercio interior do libro, elaborados pola empresa Precisa para a Federación de Gremios de Editores. Só coñeciamos noticias de prensa, ata que onte puidemos manexar as gráficas de datos básicos, agardando a publicación do informe e extraer os datos referidos á edición privada galega.Quizais o máis significativo deste avance de datos sexan os referidos aos cambios na comercialización, onde se pode salientar:
- Diminución da facturación da canle de librarías que, a pesar de contar co 49% das vendas do mercado, perde un 4% que van ás cadeas de librarías (en clara tendencia á alza) e aos hipermercados. A pérdida de vendas das librarías aumenta ao 5,7% nos libros de texto.
- Baixada de vendas dos clubes do libro e da venda a crédito e aumento das vendas por correo.
- A facturación en soportes dixitais supón xa o 10% do total.
Actualización (20:15): desde esta mañá pódese descargar en PDF a totalidade do estudo. Empregar este formato dixital é unha boa idea da Federación de Editores. Estudarémolo con vagar para extraer os datos referidos a Galicia e tirar conclusións.
Etiquetas: Edición
Marcadores: Comercio do libro

3 Comments:
Sobre este asunto interesante o artigo de Félix de Azúa no PAÍS: Todas las lecturas, una lectura.
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Chamoume a atención o último dato do post (os outros máis ou menos podía prevelos), non podía imaxinar que a facturación en soportes dixitais estivese xa nunha porcentaxe tan alta e pregúntome como desde a edición en galego se afronta esta tendencia.
Postar um comentário
<< Home