Enfrontamento galego

Mágoa desa lesión grave de Lucas (arrepiaba na pantalla ver como se esgazou o nocello, ten fractura), un rapaz que promete moito e que estaba formando unha eficaz sociedade de ataque con Gustavo (a súa velocidade é a maior sorpresa nosa deste inicio da liga). Esta vitoria dará azos aos celestes para preparar con maior confianza o encontro decisivo do xoves co Standard de Liexa (adestrado, desde hai uns días, polo antigo porteiro Michel Preud'homme, que fala un portugués moi fluído). Por certo, o xoves sairemos cediño para Bélxica coa Federación Peñas na que agardamos sexa a primeira viaxe futbolística da tempada europea.
Marcadores: Celta de Vigo, Fútbol
2 Comments:
A estas alturas da tempada, nótase moito que os equipos ascendidos aínda teñen mentalidade de segunda división. O Celta fixo o que tiña que facer: aproveitar as ocasións e deixar clara a evidente superioridade.
Moito ánimo a George Lucas e moi boa viaxe aos afortunados que van a Liexa.
O certo e que e unha delicia ler a cronica deportiva do Celta no teu blog. Estes dias non tenho internet na casa e tiven que agardar a ver os resultados na TV. E curioso o dependente que se fai un de internet as veces .....
A verdade e que eu non tenho moitas posibilidades de ver os partidos do Celta pola television, asi que espero velos en directo nalgun partido da UEFA.
Unha aperta...
P.D: Disculpas por non acentuar
Postar um comentário
<< Home