![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgR15ZKZoIu5Be3jIwqTzLBs1zZWps2mI6WSCvWnlqaA_jSLmT6_Z8L9pPv9k3TFNTHu1kK_5IiML9M9QzpuUnzEm59e01hT5RvlFtLIi6tHQDAVPvvSnRZC7kdBNITX_vwVl8pFA/s200/l_pnlb_colombiacrece.gif)
Parolei en dous momentos diferentes do día con senllos amigos que me
relataron a súa
alegría diante do esforzo de animación lectora que viviron en
Colombia, especialmente en Bogotá, Cali e Medellín, cidades que dedican un parte significativa do seu orzamento á lectura. Xa a pasada semana escoitara dúas entrevistas radiofónicas a
Sergio Fajardo, o alcalde de Medellín, un político atípico (el autodenominábase "político do seculo XXI"), nas que explicaba que o proxecto de rexeneración cívica e democrática no que estaba comprometido o seu equipo (
Compromiso Ciudadano) baseábase na educación e, moi especialmente, no fomento da lectura e das
bibiotecas. Mágoa que este discurso esperanzado aínda non calara o suficiente na nosa clase política que considera a lectura como unha parte máis das políticas culturais. Debemos insistir, emulando o lema do Plan Nacional de lecturta do país de Gabo: "GALICIA tamén debería medrar lendo".
Marcadores: Bibliotecas, Lectura
1 Comments:
O problema non é só ler moito ou pouco, senón o que se le. Porque ler moito a Jorge Bucay e similares pode ser mesmo contraproducente e inducir a erro.
Postar um comentário
<< Home