
Onte, ao
remate do pregón da Feira do Libro, o delegado provincial da
ONCE da Coruña
entregou a
Suso de Toro un exemplar da edición de
Trece badaladas en
braille. Esta é unha noticia significativa que amosa o compromiso da
ONCE en continuar co seu compromiso de verquer á linguaxe braille unha parte significativa do corpus da actual literatura galega para que poida ser gozado e utilizado por persoas con deficiencias visuais. Este é un proceso iniciado xa hai anos, con enorme discreción, que merece ser recoñecido e
necesita ser impulsado.
Marcadores: Autores, Lectura
1 Comments:
Góstame a iniciativa.
un saúdo.
Postar um comentário
<< Home